PONTEAREAS
Regresa a Gala Lírica de Zarzuela “Soutullo naialma” a Ponteareas
Este sábado 2 de setembro a Praza Bugallal acollerá o concerto “Soutullo na ialma” nunha nova oportunidade para gozar do xénero musical de zarzuela
A enorme acollida e o éxito que tivo a Gala Lírica de Zarzuela “Soutullo nai alma” o pasado mes de maio en Ponteareas fixo que esta cita conte cunha nova data para o inicio das festas da vila. De novo, o célebre compositor pontareán Reveriano Soutullo será o gran homenaxeado e o concerto volverá correr a cargo da Banda de Música Xuvenil de Xinzo xunto ás extraordinarias voces da soprano Teresa Novoa, o barítono Luis Cansino e o tenor Juanjo Cura.
Esta nova oportunidade para gozar da Gala Lírica chega coa gran novidade de facelo ao aire libre, pois o concerto deste sábado 2 de setembro terá lugar na Praza Bugallal. Sen límite de aforo, esta cita súmase así aos outros concertos que tiveron lugar ao longo do mes de agosto como parte do ciclo musical “O son do Tea” promovido polo Concello de Ponteareas.
Nesta gran posta de longo musical interpretaranse as diferentes pezas do mestre Soutullo, ademais de completar o repertorio outras obras de zarzuela de destacados compositores. Esta será a terceira ocasión na que a Banda de Xinzo, novamente baixo a dirección de Rodrigo Iglesias Silva, ofreza un concerto destas características xunto a Teresa Novoa e co que se espera igualar o éxito colleitado nos multitudinarios concertos de outubro de 2017 e de maio deste ano.
A gala, que conta coa colaboración da Fundación Reveriano Soutullo e do Concello de Ponteareas e que está financiada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), comezará ás 21:00h. Ademais, no caso de que as condicións climatolóxicas impidan a súa celebración na céntrica praza pontareana, a gala trasladarase ao auditorio municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149