PONTEAREAS
Touriñán será o encargado de ler o pregón nas festas de Ponteareas
A XV Feira Tradicional dos Remedios contará con postos de artesanía, oferta gastronómica, desfiles, actuacións musicais e obradoiros infantís
O Concello de Ponteareas da o pistoletazo de saída ás festas dos Remedios coa lectura do pregón por parte de Xose Antonio Touriñán, o cómico galego coñecido como “Touri”.
Este ano celébrase a XV Feira Tradicional dos Remedios, que durante toda a fin de semana converterá a Ponteareas na vila que foi no pasado. Contará co mercadiño tradicional, con postos de artesanía e gastronómicos. Tamén se poderá desfrutar de obradoiros infantís, actuacións musicais da man das Bandas de Música do municipio ou a tradicional tirada de fogos.
Anímase a cidadanía a acudir vestidos da época e desfrutar desta feira tradicional na que a protagonista é a historia e o pasado da vila.
O programa das festas pode consultarse na páxina web do Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149