Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 02 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Cubela denuncia que o “sectarismo constante” do grupo socialista lle impide facer autocrítica da “nefasta xestión económica”

O deputado provincial puxo en valor a “transparencia” do novo equipo de executivo presidido por Luís López e convidou aos socialistas a entender a “mensaxe das urnas” para facer unha “oposición construtiva”

O deputado provincial Jorge Cubela denunciou este sábado que o “sectarismo constante” do grupo socialista lle impide facer autocrítica da “nefasta xestión económica” do anterior goberno da Deputación de Pontevedra. Tras a avaliación interna das contas realizada polo goberno provincial, Cubela sinalou que o Partido Socialista, “aínda descolocado” despois dos resultados electorais de maio, “pretende agochar un balance que deixa nas arcas da Deputación unha situación preocupante ata aprobación duns novos Orzamentos, que levarán o selo de rigor e solvencia do novo goberno presidido por Luis López”.

 

Cubela constatou que o da provincia é un novo exemplo da nefasta capacidade xestora dos socialistas, que, unha vez máis, volve poñer en risco o futuro dos cidadáns. Do mesmo xeito, fixo un chamamento aos grupos da oposición a que entendan “a mensaxe das urnas” e se poñan a traballar a favor dos intereses da provincia.

 

“Fronte a transparencia do novo equipo de goberno, lamentamos que outros sigan instalados na cegueira partidista”, abundou. Cubela convidou aos socialistas a que abandonen “a crispación” e os “intentos desesperados por defender unha herdanza económica inxustificable” para realizar a oposición “construtiva e seria” que agardan os pontevedreses.

 

O deputado provincial lembrou que o novo executivo de Luis López herda unha situación complexa, con apenas un 6,5,% de orzamento dispoñible para atender os investimentos noutros concellos, asociacións e terceiros; e con partidas practicamente esgotadas ou comprometidas en áreas como Cooperación, Deportes, Cultura ou Turismo. Na mesma liña, concluíu ou que o actual goberno provincial, malia esta circunstancia, fará todo canto estea na súa man para atender aos cidadáns ata a aprobación das novas contas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.