GALICIA
As feiras do libro de Galicia pechan tempada mellorando as cifras de asistencia de 2022
A Federación de Librarías de Galicia valora “moi positivamente” o resultado da tempada de Feiras do Libro de Galicia, que abriu o pasado mes de abril en Ferrol e remataba esta fin de semana en Monforte
Máis público, mellores vendas, e, en xeral, satisfación co desenvolvemento. Este é o resumo que a Federación de Librarías de Galicia fai da tempada de Feiras do Libro 2023, que comezaba o pasado 21 de abril en Ferrol e remataba este pasado 26 de agosto en Monforte de Lemos.
Entre medias, Compostela, Porriño, Lugo, Vilalba, Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz. En total, 14 citas centradas na conexión entre lectores e escritores (máis de 70 en total, entre as 14 citas).
Os datos globáis son, en realidade, incontestables:
- 641 sinaturas de libros, 81 máis que de 2022, cunha asistencia final de 7850 persoas, 1749 máis que no ano anterior.
- No tocante ao resto de activdades, ás Feiras do Libro de 2023 contaron cun total de 294 actividades, nas que participaron 8615 persoas, 22 actividades e 2097 asistentes máis que no 2022.
- Ademáis, o 90% das librarías particiantes apuntan vendas un 5% por riba dos datos do ano pasado.
- En total, as 14 Feiras do Libro de Galicia deste ano contaron coa participación de 102 librarías, 16 editoráis e 13 institucións.
Segundo apuntan dende a directiva da Federación de Librarías, o resultado, eminentemente positivo, mellora as cifras do 2022, primeiro ano considerado completamente post pandémico. “Este 2023 era a proba de lume para nos, porque as cifras do 2022 eran, evidentemente, mellores que no 2020 e no 2021, entre outras cousas, porque eses anos viñeron marcados pola crise da COVID, polo que o reto real era comprobar que, coa normalidades completamente instalada e coas cifras dun ano sen restriccións como marca, eramos capaces de acadar mellores datos. E así foi”, apunta Ramón Domínguez, presidente da entidade.
A directiva da Federación de Librarías de Galicia traballa xa na preparación da edición 2024 do que é un dos circuitos de feiras do libro máis importantes de España, con algunhas metas ven claras no horizonte. “Queremos mellorar a participación pública, como xa viñemos comentando. Asinar o convenio co Concello da Coruña que permita mellorar o finanzamento da Feira do Libro máis grande de Galicia, atopar a ubicación perfecta para a Feira do Libro de Vigo, que leva anos itinerando sen atopar o espazo óptimo para a súa celebración, e lograr a participación do Concello de Ourense, un dos grandes concellos galegos, co que nos gustaría chegar a un entendemento para o finanzamento do evento”, apuntan dende a directiva.
O circuito de Feiras do Libro de Galicia conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, e a maioría dos concellos acolledores participan no finanzamento das actividades. Nos dous últimos anos a proposto contou tamén cun colaborador privado, Cafés Candelas, o que pemitiu programar en todas a feiras interesantes charlas literarias con autores de orixe galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.183