Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Miércoles, 06 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Consorcio de Augas do Louro renova equipos na captación de auga do río Miño

Trátase dunha bomba de impulsión que se equipa cun motor de alta eficiencia que suporá un aforro de ata o 26% no consumo enerxético e na emisión de gases

O Consorcio de Augas do Louro vén de adquirir unha nova bomba de impulsión de auga potable e un novo motor eléctrico de alta eficiencia enerxética para renovar unha das catro bombas existentes na captación de auga do río Miño.


Trátase dunha bomba somerxible tipo lapis capaz de elevar 60 litros de auga por segundo a 142 metros de altura.

O motor Franklin de 110 KW (150 CV) é completamente de aceiro inoxidable, conta con protección contra areas e permite e seu rebobinado. Este motor de alta eficiencia e menor potencia que o substituído permitirá acadar un aforro na instalación de ata un 26% no consumo enerxético e na emisión de gases de efecto invernadoiro asociada á produción desa enerxía aforrada.


“A actuación, por importe de máis de 16.000 euros, foi necesaria toda vez que quedou acreditado o desgaste dos equipos que se substitúen, que os facía completamente inoperativos”, explica Alejandro Lorenzo, presidente do Consorcio. “Deste xeito, a captación disporá de catro bombas en perfecto estado de funcionamento para garantir o caudal de auga impulsada ata a potabilizadora de Randufe, que dá servizo ao Concello de Tui, parte de Tomiño e, ocasionalmente, aos Concellos do Rosal e A Guarda”, puntualiza.


O subministro realízase de xeito coordinado cos traballos de posta a punto dos novos equipos de dosificación de reactivos e do novo programa informático que os controla, o que permite adaptar automaticamente as cantidades de cloro, coagulante e floculante que se engaden durante o proceso de filtración da auga do río Miño para acadar unha óptima potabilización.


Esta actuación enmárcase dentro da campaña de renovación das instalacións de abastecemento de Tui que o Consorcio vén levando a cabo dende a súa posta en funcionamento en 2014 e que ascende a máis de 630.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.