CULTURA
A Federación de Librarías de Galicia anima a familias e educadores a fomentar o hábito lecto
Co comezo do novo curso escolar, profesorado e familias buscan fomentar o hábito lector dos máis novos. Dende a Federación de Librarías de Galicia apuntan algunas das claves que transforman a lectura nun pracer por riva do proceso formativo
Atrás quedaron os tempos en que o enfoque da lectura nas escolas vivía afastado da vida dos pequenos lectores: libros non axeitados para a idade dos pequenos lectores, lecturas “prohibidas” e a consideración da banda deseñada coma un xénero menor foron, segundo apuntan dende a Federación de Librarías de Galicia, algúns dos escollos que o fomento do hábito lector atoparon no pasado.
Afortunadamente, os tempos cambian. “Hai xa anos que os educadores e bibliotecas traballan moi axeitadamente a selección de lecturas recomendadas para os máis cativos”, apuntan dende a directiva da Federación de Librarías de Galicia, “e esa é, sen dúbida, unha das claves para que ler sexa parte da vida real dos nenos e nenas: que os libros que se lles achegan sexan, realmente, atractivos para eles”.
Con esta máxima como pedra angular -lecturas axeitadas para a ideade, contemporáneas e adecuadas ao gusto persoal de cada rapaz ou rapaza- dende a entidade libreira sinalan algúns outros hábitos que poden axudar a transformar a calquera neno ou nena nun lector ou lectora voraz.
“De cativos todos repetimos o que vemos na casa: unha casa onde os libros están ao alcance da man, onde se le de cotío, é unha casa que fomenta o hábito lector”, sinalan dende a directiva da Federación de Librarías, engadindo que “é tamén moi importante ter en conta os gustos do rapaz ou rapaza, e non menosprecialos nunca. Se disfruta das aventuras, fantástico, se prefire o romance, hai historias estupendas escritas para eles, se o seu é a novela gráfica, adiante... escoitalo, compartir con él esa parte das súas paixóns, é o mellor xeito de facerse cómplice na lectura”.
Dende a Federación de Librarías de Galicia apuntan, a este respecto que “cada vez é máis común atopar familias que veñen ás libraría a mercar libros para cada un, compartindo ese momento como algo especial e cómplice entre eles. Sí, existen fantásticas librarías especializadas en literatura infantil e xuvenil, pero tamén hay nas librerías xeralistas auténticos e auténticas expertos en atender os gustos e necesidades dos máis novos, é algo que se pode facer en familia”.
Deixarse aconsellar pola libraría de confianza e xogar coa idea de novas lecturas é a última recomendación que fan dende a entidade, “os libreiros e libreiras estamos para iso, é o noso traballo, e encántnos”, apuntan.
No tocante aos novos dispositivos de lectura, dende libros dixitáis até plataformas de autoedición online, como Wattpad, popularizadas entre os máis novos nos últimos anos, dende a entidade galega apuntan “o libro como obxecto ten un valor claramente engadido, e os lectores novos non son alleos a él. É verdade que moitos len no móbil ou na tablet, ou buscan o audiolibro, pero o certo é que a maioría deles acaba mercando en papel eses libros que amaron nos formatos dixitáis, como demostra a adaptación a edición convencional dos grandes éxitos das plataformas dixitáis. Se queremos que os novos e novas lectores non perdan o interese, non é boa idea censurar as súas formas. Eles mesmos acaban regresando ao libro en papel, porque quen ama a historia ama poder tocala, ulila e sentila na pel”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.183