GALICIA
A nova Lei da calidade alimentaria garantirá a excelencia dos produtos galegos
Rueda destaca que converterá a Galicia na primeira comunidade cunha certificación de sustentabilidade para a produción, coa que acreditará que se respectou o medio ambiente, os dereitos dos traballadores e se pagou a materia prima a un prezo axeitado
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo en valor a nova Lei de Calidade Alimentaria -á que esta semana o Consello da Xunta lle deu o visto e prace e será enviada ao Parlamento para a súa aprobación definitiva- xa que “garantirá a xa alta excelencia dos produtos agroalimentarios galegos e mellorará a súa competitividade no mercado”.
Rueda explicou que o marco nomativo que regula a calidade destes produtos en Galicia databa de 2005, polo que era precisa unha actualización para adaptalo á realidade actual do sector, en referencia a extensión do uso das novas tecnoloxías na producción ou a incorporación da venda en liña por parte dos produtores.
![[Img #83816]](https://xornal21.com/upload/images/09_2023/2945_230907_pte_consellorp_dcs-2.jpg)
O presidente da Xunta explicou que o obxectivo deste texto legal é fomentar e garantir a elaboración de produtos sustentables e de calidade diferenciada en Galicia. E iso pasa, segundo precisou, por reforzar a seguridade xurídica das empresas do sector e dar as máximas garantías aos consumidores de que os produtos pasan polos máis rigorosos controis de calidade.
“Trátase de garantir a máxima calidade dos produtos elaborados e comercializados en Galicia. Buscamos que o feito de que un produto teña orixe galega sexa sinónimo de excelencia en todo o mundo”, resumiu sobre a lei o mandatario galego, quen asegurou que a futura normativa vai permitir avanzar nese camiño.
Certificado de sustentabilidade
Entre as novas medidas que incorpora a nova lei, Rueda salientou a creación dun certificado de sustentabilidade, que acreditará que na elaboración do produto respectouse o medio ambiente, os dereitos dos traballadores ou que se pagou a materia prima a un prezo axeitado.
O presidente autonómico aclarou que adherirse será algo voluntario. No entanto, puxo en valor que os produtos que cumpran os requisitos contarán cun logo identificativo. “Deste xeito, Galicia vai ser a primeira comunidade de España en contar cunha certificación de sustentabilidade para a produción alimentaria”, subliñou Rueda sobre a importancia deste certificado.
Actualización do catálogo de infraccións e sancións
O mandatario galego tamén apuntou que a Lei tamén vai impulsar a produción dentro das denominacións de orixe ou das indicación xeográficas protexidas; afondar na profesionalización dos consellos reguladores; mellorar e actualizar o sistema de inspeccións e controis realizados polas administracións; e actualizar o catálogo de infraccións e sancións para adaptalo a nova realidade, como as vendas por Internet; incluír produtos que non estaban na lexislación actual, como os derivados do viño, en referencia ao mosto ou o vinagre.
Rueda precisou que a nova lei creará dous novos órganos de consulta e participación do propio sector. Un deles será o Consello Alimentario de Galicia, cuxo fin será o asesoramento na regulación, fomento e promoción da calidade alimentaria. O segundo órgano será a Mesa da Calidade Alimentaria Diferenciada, que terá como obxectivo impulsar este eido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126