GALICIA
A Xunta defende o funcionamento do sistema de inspección de servizos sociais
A secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, María Francisca Gómez, compareceu hoxe na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego
A secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, María Francisca Gómez, defendeu o funcionamento do sistema de inspeccións de servizos sociais durante a súa comparecencia esta semana na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego. Durante a intervención, negou rotundamente que se advirta previamente aos centros das datas das visitas e sinala que se trata de acusacións moi graves que desprestixian un servizo público e xeran inseguridade aos usuarios e ás súas familias.
A secretaria xeral técnica lembrou así mesmo que tan só ten información sobre a planificación das visitas de inspección o propio persoal inspector e funcionarios de carreira da Subdirección de Autorización de Inspeccións de Servizos Sociais. Así mesmo, apuntou que realizan o seu traballo con total independencia e transparencia e que en ningún caso se avisa a un centro dunha futura visita nin se deixa de abrir expedientes, nin sucesivas sancións en caso de identificar irregularidades nun centro.
Neste sentido, concretou que tan só se concertan visitas cando se trata de autorizar o inicio das actividades en centros que aínda non están en funcionamento, é dicir, en centros que están baleiros, sen usuarios e sen actividade. Esta visita consiste unicamente en comprobar que a obra realizada coincide co proxecto arquitectónico presentado e o aviso ten como obxectivo que estea a persoa responsable no centro para acompañar ao inspector.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126