GALICIA
Apoio á investigación universitaria cun programa específico de 120 m€ ao ano
O presidente do Goberno galego inaugurou hoxe o curso universitario 2023-2024 en Vigo
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a aposta do Goberno galego pola investigación universitaria a través dun programa específico de máis de 120 millóns de euros ao ano e tamén cun novo plan de achegas para que as universidades contraten un cento de tecnólogos especializados en I+D+i.
Durante a inauguración do curso académico 2023-2024 en Vigo, Rueda defendeu este apoio por parte da Administración galega para seguir mellorando a “excelencia” dun sistema universitario galego “referente de calidade”, que considerou clave na construción actual e futura de Galicia.
Precisamente, lembrou que as tres universidades públicas galegas se sitúan nos “postos de cabeceira” das mellores do mundo, “algo que non é casualidade, senón froito de moito esforzo”, valorou. Ademais, puxo en valor os estudos que ofrecen, a renovación constante da oferta académica e a presenza de grupos de investigación “moi punteiros” no eido internacional. “Están á vangarda”, enxalzou.
Rueda lembrou que a universidade é o principal motor da investigación en Galicia ao concentrar case a metade (3.400) dos profesionais que exercen na comunidade. Ademais, resaltou a importancia de contar cun sistema de investigación forte para afrontar os retos da sociedade actual, en referencia ao cambio climático, a transición enerxética ou o avance da tecnoloxía.
Para iso, a Xunta conta cun programa específico de investigación dentro do Plan de Financiamento Universitario 2022-2026. Un 25 % dos fondos anuais que o Goberno autonómico achega as universidades vai destinado a que impulsen o seu sistema de I+D, o que supón que Galicia é a comunidade que maior porcentaxe destina a esa cuestión. En concreto, dos 483 millóns de euros que a Xunta transferiu neste 2023 aos campus -a maior cifra da súa historia-, un total de 120,6 millóns foron para investigación.
Ademais, o mandatario galego lembrou que a Xunta acaba de lanzar o Plan Reforza da Investigación Universitaria polo que a Administración autonómica destinará case 19 millóns de euros ata 2026 para que as tres universidades galegas contraten un cento de profesionais expertos na xestión de I+D. Darán apoio a súa actividade e impulsarán a transferencia de coñecemento dos seus resultados.
A universidade, garantía de igualdade de oportunidades
Durante a súa intervención, Rueda destacou o papel fundamental que a universidade ten para garantir a igualdade de oportunidades e configurar a sociedade do futuro. Nesta liña, salientou o importante papel que xoga o sistema universitario galego na construción da Galicia do mañá: unha terra de oportunidades, que conte con profesionais de excelencia e referente no eido da investigación avanzada.
De igual xeito tamén fixo mención ao firme compromiso do Goberno galego coa educación superior con medidas como dotar de estabilidade ás universidades a través dun Plan de Financiamento a cinco anos que lles permite planificarse e traballar con antelación. O actual Plan 2022-2026 está dotado de 3.177 millóns de euros e Galicia sitúase como a terceira comunidade que destina maior porcentaxe do seu PIB (o 0,71 %) á educación superior.
Ademais, Galicia mantén conxelados os prezos das matrículas de grao e mestrados desde hai 13 anos, unha medida na que foi pioneira en España.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217