Vigo
Vigo despide ao alumnado que viaxa para aprender inglés no Reino Unido
A semana pasada partiron da terminal viguesa os dous primeiros voos con estudantes que recibiron unha beca do Concello para aprender inglés no Reino Unido. Entre setembro e outubro viaxarán 925 mozas e mozos.
“É un programa excepcional, co que non soamente aprenden inglés e a cultura senón que son capaces de ter relación con xente distinta nun país distinto”. Así resumía Abel Caballero o obxectivo do programa municipal de inmersión lingüística “Vigo en inglés”, ao que o goberno local dedica 2,2 millóns de euros anuais.
Este ano viaxarán coa bolsa municipal 925 alumnas e alumnos viguesas ao Reino Unido e Irlanda para gozar dunha estadía de tres semanas cursando unha formación intensiva de mellora da lingua inglesa.
O rexedor despediu o pasado venres no aeroporto vigués aos 64 alumnos de cinco institutos da cidade que collían o voo con destino ao Reino Unido. Mañá sábado parte o terceiro voo deste ano con 25 estudantes. En total, o goberno municipal organizou 24 viaxes para os 925 estudantes bolsados, que estudarán en 52 destinos e irán acompañados por 70 monitores do programa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217