Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 12 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A banda de gaitas Irmandade de Montevideo súmase ás Festas do Cristo

A banda, creada en Uruguay por mozos e mozas descendentes de galegos, ofrecerá un concerto este mércores ás 21 h na Praza Arquitecto Antonio Palacios

A banda de gaitas Irmandade, do Centro Social Cultural e Deportivo de Bolos Val Miñor de Montevideo, dará un concerto este mércores 13 de setembro ás 21 h na Praza Arq. Antonio Palacios. Con motivo da celebración dos seus 20 anos de existencia, a banda de música tradicional galega decide cumprir o seu sono de poder actuar e participar de festas na terra dos seus antergos.


Por iso, cunha representación de 10 integrantes, neste mes de setembro viaxou a Galicia para poder facer realidade este obxectivo de amosar o que fan con moita paixón e agarimo, desde hai xa 20 anos.


Esta banda foi creada a principios do ano 2003 en Uruguay por iniciativa dun grupo de mozos descendentes de galegos, para poder continuar coa tradición musical dos seus pais e avós.


Desde o seu comenzo ata hoxe está dirixida por Carlos González, fillo de inmigrante galego da zona de Baiona, comarca que xunto a Nigrán e Gondomar forman o que se coñece como Val Miñor.


É unha banda denominada tradicional xa que tanto o seu repertorio como os seus instrumentos son de orixe tradicional.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.