Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 14 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos organiza un ciclo de cinema en galego

[Img #83865]A concellería de Participación Cidadá pon en marcha un ciclo de cinema en lingua galega cos obxectivos de promover a participación nun ocio que fomente, dun xeito lúdico e atractivo, o uso da lingua galega entre a cidadanía, dando a coñecer as últimas novidades no cinema galego.


Deste xeito, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, proxectaranse tres das últimas películas do cinema galego con máis éxito: “As bestas”, gañadora do Goya a mellor película, é thriller con tintas de drama, sitúase nunha aldea case deshabitada de Galicia, e está baseada nun suceso real acontecido no rural galego no ano 2010. A película proxectarase no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso o próximo sábado 23 de setembro ás 21:30.


No mes de Outubro, a película que se proxectará será “O corpo aberto”, nominada a 19 premios Goya e gañadora de 12 premios Mestre Mateo, entre o que destaca o de Mellor Longametraxe. Baseada nun relato do escritor Xosé Luis Méndez Ferrín,  uns dos autores más representativo da literatura galega contemporánea, “O corpo aberto” é unha película de terror ambientada na Galicia de principios do século pasado. A longametraxe será proxectada o próximo 21 de outubro no Centro Dotacional de Torroso.


Por último, no mes de novembro, concretamente o día 18, proxectarase a película “Matria”, mostra do cine social, anclado na realidade, feminista e reivindicativo, onde a inercia do patriarcado, a sororididade e a realidade das mulleres galegas fúndense neste relato da cotianidade da vida de Ramona, a protagonista da mesma.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.