GALICIA
Máis de 50.000 persoas maiores atendidas a través do Programa "Porta a Porta"
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe en Ribeira a unidade móbil deste servizo
O programa de Coidados porta a porta da Xunta de Galicia atendeu a máis de 50.000 persoas maiores, que recibiron gratuitamente coidados en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria nas oito unidades móbiles deste servizo que percorre todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe en Ribeira unha destas unidades que dende onte e ata mañá mércores atende aos veciños deste concello.
A conselleira destacou a importancia do Coidados porta a porta para achegar servizos de proximidade e de calidade ás persoas maiores. En Ribeira esta é a terceira parada que fai o programa, e nas súas anteriores un total de 150 veciños beneficiáronse deste servizo. O horario de atención é de nove da mañá a oito da tarde e as persoas que desexen acudir soamente teñen que pedir cita previa nos número de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben na seguinte dirección de correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Fabiola García garantiu o compromiso do Executivo autonómico cos maiores de Ribeira, e puxo como exemplos a posta en marcha das Aulas do maior de Aguiño ou a próxima construción da nova residencia, con 100 novas prazas públicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126