GALICIA
A campaña de vacinación fronte a gripe e o covid arrancará o 25 de setembro en Galicia
A Xunta resalta que apostar pola vacinación como medida de prevención para adiantarse aos problemas de saúde é un dos obxectivos da Estratexia galega de saúde 2030 que inicia hoxe a súa tramitación
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o vindeiro 25 de setembro arrancará a campaña de vacinación da gripe e da covid nas residencias de maiores e persoas con discapacidade da comunidade. O presidente resaltou que “a vacinación xoga un papel fundamental” na prevención de enfermidades e no impulso de camiñar cara unha sanidade máis proactiva, é dicir, actuar antes de que se produza un problema de saúde. Este é un dos obxectivos principais da Estratexia galega de saúde 2030 que inicia a súa tramitación tras ser avaliada hoxe polo Consello na súa reunión semanal.
Rueda explicou que esta Estratexia “é unha folla de ruta” para afrontar os retos da sanidade do futuro e chega despois de que a pandemia “deixase clara a necesidade dunha maior integración das políticas sanitarias en marcha”. De feito, tal e como subliñou o presidente, “é a primeira vez que se realiza unha planificación conxunta das prioridades en saúde pública, atención aos pacientes e investigación sanitaria”.
A aprobación desta planificación integrada é un mandato derivado da reforma da Lei de saúde de Galicia que o Parlamento autonómico aprobou tras a fase aguda da pandemia.
Tal e como indicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, esta Estratexia conta con 20 programas e ata 100 liñas de actuación. Entre os principais obxectivos está que o sistema público galego adopte un enfoque máis proactivo, incrementando a actividade que se realiza sen agardar á aparición dun problema de saúde: desde a actividade de vixilancia epidemiolóxica ata as accións de prevención como a vacinación ou os cribados, ou as actuacións de saúde comunitaria e dos plans locais de saúde para favorecer estilos de vida saudables, mellorar o estado xeral de saúde e previr a aparición das enfermidades.
Nesta liña, o conselleiro salientou que Galicia “conta co calendario de vacinación infantil e o cribado neonatal máis completo” de España e que a comunidade galega foi a primeira en anunciar “que incluirá os cribados de cancro de pulmón e próstata así como ampliar a idade do de mama”.
Outro dos obxectivos da Estratexia é camiñar cara a unha atención máis integrada e personalizada, adaptada á situación de Galicia de elevada presenza de pacientes crónicos e complexos. Avanzar na conexión entre niveis asistenciais e o sociosanitario, posta en marcha de procesos asistenciais integrados, unidades multidisciplinares, reforzo da capilaridade territorial no rural, atención domiciliaria, monitorización a distancia e ampliación dos mecanismos de comunicación do paciente co sistema, así como nas tecnoloxías que faciliten a medicina de precisión e os tratamentos adaptados a cada paciente.
Ademais, traballarase en deseñar mecanismos de integración da innovación. O eido sanitario está a experimentar avances disruptivos que supoñen cambios radicais en curtos períodos de tempo e o sistema debe ter ferramentas para incorporalos con axilidade, o que supón traballar “nunha maior conexión entre a atención sanitaria e o ecosistema de I+D+i sanitario”, indicou o conselleiro; na posta en marcha dunha oitava área sanitaria para o apoio tecnolóxico a distancia das áreas físicas; no desenvolvemento de mecanismos de compra pública innovadora para incorporar novos sistemas ou tecnoloxías; na xeneralización do diagnóstico xenético ou na integración de ferramentas de transformación dixital na relación cos usuarios, e no apoio aos profesionais coa intelixencia artificial ou o big data.
A nova Estratexia tamén vai fomentar a transparencia dos resultados do sistema sanitario. Proponse reforzar a capacidade de análise do Sergas cun departamento de información e análise dos resultados en saúde e potenciando os mecanismos de medición da experiencia dos pacientes, que permitan deseñar sistemas de indicadores baseados nos resultados en saúde e desenvolver mecanismos de avaliación máis completos como acordos de xestión plurianuais coas áreas sanitarias ou modelos de avaliación do desempeño para os profesionais, así como instrumentos de transparencia cara á cidadanía con información de calidade sobre actividade e desempeño dos recursos do sistema e sobre os datos de saúde da poboación galega.
E, por último, esta folla de ruta aposta tamén por dar maior transversalidade á saúde nas políticas públicas máis alá da Consellería de Sanidade. Crearase unha Comisión Interdepartamental de Saúde para coordinar o impacto en saúde das distintas políticas da Xunta en materias como educación, economía ou transporte, e reforzarase o enfoque «Unha soa saúde» para dar coherencia ás políticas ambientais, de sanidade animal e de saúde pública.
A estratexia incorpora tamén perspectiva de xénero na súa diagnose e nas súas medidas de futuro, priorizando a abordaxe dos problemas de saúde en que existen desigualdades de xénero e reforzando as políticas activas de igualdade para o persoal sanitario. Tamén prevé o impacto do cambio climático na saúde e inclúe actuacións de sostibilidade aliñadas coa recente Estratexia de economía circular.
Proceso participativo e tramitación transparente
O texto aprobado inicialmente hoxe polo Consello da Xunta contou coa participación de máis de 60 profesionais da estrutura directiva e dos centros sanitarios a través de 18 sesións de traballo, recolleu suxestións de 150 entidades como colexios profesionais, sociedades científicas, universidades, asociacións de pacientes, organizacións sindicais e outras entidades do sector sanitario. Alíñase coa Estratexia europea de saúde e coa Axenda 2030 de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas.
De xeito inmediato, este documento será publicado no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia para recibir alegacións e suxestións da cidadanía.
Posteriormente, o texto da Estratexia será sometido a unha análise de impacto de xénero e será presentado aos distintos órganos de participación e asesoramento da Consellería de Sanidade. A versión final do documento será sometida de novo ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva e remisión ao Parlamento de Galicia, onde será presentada aos grupos políticos polo conselleiro de Sanidade nunha comparecencia específica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11