SALVATERRA DE MIÑO
Continúan as Obras de Ampliación da Rede de Saneamento en Pesqueiras
O Concello de Salvaterra de Miño “mantén o seu compromiso coa ampliación e mellora da rede de saneamento no municipio, e as obras en Pesqueiras son un claro exemplo deste esforzo continuo” asegura nun comunicado. Estas actuacións forman parte do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e teñen como obxectivo principal seguir expandindo e reforzando o servizo de saneamento ofrecido ás veciñas e veciños da localidade de Gallamonde.
Neste proxecto, está prevista a instalación dun tramo de colector de 305 metros de lonxitude, elaborado con tubaxes de PVC de 250 mm de diámetro. Este colector proporcionará unha nova vía de saída para as augas residuais, contribuíndo á correcta xestión do saneamento e garantindo unha maior eficiencia no tratamento das augas.
A ampliación da rede de saneamento non só ten un impacto positivo na calidade de vida dos residentes de Pesqueiras, senón tamén no coidado e preservación do medio ambiente. Unha infraestrutura de saneamento ben deseñada e mantida axuda a evitar a contaminación das augas e a conservar os recursos naturais da zona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217