A GUARDA
Aula Cemit da Guarda ofrece 5 cursos de habilidades dixitais este outono
A partir do mes de outubro, a Aula CeMIT da Guarda, localizada no primeiro andar do Centro Cultural, ofrecerá cinco novos cursos de habilidades dixitais. Estes cursos, de nivel básico e iniciación, están dispoñibles de balde e as inscricións xa están abertas.
Os cursos de outono 2023 na Aula CeMIT do Centro Cultural da Guarda comezarán o 2 de outubro e continuarán ata o mes de decembro. As cinco opcións de cursos ofertadas este outono son as seguintes:
- Manexo do ordenador e internet
- Editor de textos
- Smartphone (Novidade deste outono)
- Redes Sociais (Novidade deste outono)
- Curso para cativos de entre 9 e 15 anos
Para obter máis información sobre estes cursos e realizar inscricións, pódese visitar o Centro Cultural de xeito presencial de luns a venres no horario de 17:00h a 20:00h ou chamar ao teléfono 986 61 18 50.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia promove a modernización e a inclusión tecnolóxica na comunidade. Os cursos ofrecidos na Aula CeMIT da Guarda contribúen a mellorar as habilidades dixitais das persoas e a promover a inclusión nas tecnoloxías da información e comunicación. O concello da Guarda mantén a aula CeMIT en funcionamento grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra, a través da liña 3 do plan concellos, que promove o emprego e o desenvolvemento local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141