Vigo
Os Bombeiros de Vigo denuncian traballar "baixo mínimos"
Os sindicados piden a Caballero que "deixe de xogar os dados coa seguridade dos e das cidadáns e dos bombeiros"
A fata de persoal municipal obligaba na última intervención a recibir apoio dos Servizos de emerxencias de Mos e Val Miñor con persoal e material, así como cisternas de auga do servizos da Xunta do 085 e AXEGA dependentes da Xunta de Galicia
A comisión de Bombeiros integrada por todos os sindicatos representados no servizo de Bombeiros de Vigo veñen de emitir un comunicado no que denuncian traballar "baixo mínimos".
Aseguran, en relación ó incendio na nave de reciclaxe Toysal, "fica de forma evidente a desastrosa xestión de esta corporación Municipal, no que toca a resolver os problemas de déficit de persoal do servizo de extinción de incendios da cidade de Vigo".
Este incendio orixinado o día 17 de setembro contou apenas con 15 efectivos por debaixo dos 20 estipulados pola propia corporación como mínimos, e durante o relevo entre quendas efectuado ás 22:00 horas do día 17 tamén se encontraban menos dos 20 estipulados.
"Estes mínimos, é preciso dicir que incluso sendo cumpridos, son totalmente insuficientes para un incendio de estas dimensións, non debemos de esquecer que os 20 bombeiros dos mínimos é un numero lonxe de dar un servizo de calidade, como o propio termo di son mínimos" denuncian os sindicatos.
Debido a duración e natureza da intervención os relevos entre bombeiros despois de períodos de intenso traballo, son esenciais para poder garantir a intensidade necesaria para unha correcta extinción, debido a falta de persoal éstes non se produciron, o incendio continuou durante toda a noite até a maña do día 18.
Este sinistro pola súa magnitude implicou que todos os integrantes do servizo estivesen dedicados o cento por cento a súa extinción. Isto fai que se acontece calquer tipo de sinistro que require a intervención dos bombeiros, os tempos de resposta se dilatan considerablemente, ó ter os bombeiros que desmontar todos os equipos e instalacións, estes tempos de resposta son nos sinistros un asunto esencial para garantir unha pronta e satisfactoria resolución.
En situacións como o do incendio de Toysal tendo a todos os integrantes do servizo traballando non existiu unha dotación que non estivera intervindo preparada para outro servizo de emerxencia sen ter que desmontar instalacións.
Outro dato de moita importancia é que este servizo viu-se desbordado e tivo que recibir o apoio dos Servizos de emerxencias de Mos e Val Miñor con persoal e material, así como cisternas de auga do servizos da Xunta do 085 e AXEGA dependentes da Xunta de Galicia. Isto evidencia o precario estado no que se encontra o SEIS de Vigo, cando históricamente era este último quen prestaba servizo a outros concellos.
Durante os últimos anos, alén do incumprimento de mínimos produciuse o peche do antigo parque de Balaídos e o provisional varías ocasións, a última recentemente.
"Estes incumprimentos de mínimos e peches de parque, non fixeron que a corporación Municipal se tomara este asunto en serio, xa que as ofertas de emprego para o servizo de bombeiros dos anos 2020, 21 e 22 continúan sen ser implementadas e a do 2023, xa na recta final do ano, se descoñece que vai a pasar, por se isto non for suficiente as bases das oposicións están paralizadas desde o xuño no departamento de persoal". explican dende os cinco sindicatos de Bombeiros.
Os sindicados aquí representados solicitan de esta corporación Municipal "deixe de xogar os dados coa seguridade dos e das cidadáns e dos bombeiros e execute dunha vez as diferentes ofertas de emprego para que este servizo de extinción de incendios poida saír, dunha vez por todas, deste contexto de precariedade".
Por último sinalan que "tal vez para iso sexa preciso que esta Corporación Municipal con o seu alcalde á cabeza deixe de lado, de momento, asuntos na axenda política con moito "glamour", xa que a gravidade do que está a acontecer ben o xustifica".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217