Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 18 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño dá a benvida a un novo curso escolar

Os equipos directivos de todos os centros xunto con representantes do Concello e da Consellería de Educación participaron hoxe no tradicional acto de inauguración do curso escolar que este ano se celebrou no CEIP Xosé Fernández López

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e as concelleiras de Educación e Infancia, Carolina González e Rosa Isabel Alonso, acompañaron hoxe ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares e aos directores e directoras dos centros educativos do Porriño no acto de inauguración do curso escolar no municipio.


Este ano, o acto realizouse no CEIP Xosé Fernández López, no centro urbano do Porriño, un centro no que cursan estudos preto de 400 escolares reaprtidos nos tres cursos de educación infantil e os seis de primaria.


O rexedor aproveitou o acto para reiterar o apoio do Concello do Porriño aos equipos directivos. "Tedes a nosa man tendida para o que precisedes” e insistiu en que o goberno municipal manterá a súa aposta por unha educación pública de calidade para os nenos e nenas do Porriño, “os nosos colexios precisan de moitas melloras , algunas delas xa se foron executando pero faltan moitas outras e traballaremos para que todas elas poidan levarse a cabo”. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.