Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

A Cidade Deportiva do Celta: das Pedriñas a Europa

As socialistas Delfina Rodríguez e Victoria Alonso xuntáronse co seu colega o eurodiputado Nicolás González Casares

O pasado venres, o eurodiputado socialista Nicolás González Casares, achegouse ata as Pedriñas para participar nun encontro con representantes dos colectivos da parroquia e membros do Partido Socialista de Mos. Nesta xuntanza estiveron presentes as concelleiras Delfina Rodríguez e Victoria Alonso, así como representantes da Plataforma Auga é vida e da Comunidade de Montes de Tameiga.

 

A reunión comezou cun resumo da situación actual e unha explicación dos antecedentes que levaron “ás constantes denuncias relacionadas coa Cidade Deportiva que o Celta constrñue en Mos”. Os representantes dos colectivos compartiron as súas preocupacións e propuxeron posibles solucións para esta cuestión medioambiental.


 

Nicolás González, eurodiputado socialista, asesorou aos presentes sobre os mellores pasos a seguir e comprometeuse a levar a problemática ao Parlamento Europeo. Sinalou a importancia de que Europa coñeza a situación das instalacións deportivas e as cuestións legais relacionadas coas súas licenzas.


 

Ademais, abordaron as preocupacións sobre o uso dos recursos hídricos e outros aspectos medioambientais relacionados co proxecto. Tanto o eurodiputado como as representantes do grupo municipal expresaron a súa disposición a colaborar con outras administracións para resolver esta situación que califican de “crítica”.


 

Victoria Alonso concluíu a reunión subliñando que "o Partido Popular debe reconsiderar as súas accións, xa que están a permitir que un único empresario faga negocio en detrimento do municipio mosense. Lembrou tamén a importancia de protexer a auga e o patrimonio natural e arqueolóxico".

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.