Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 19 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Rafael Martínez presenta a súa renuncia como concelleiro de emprendemento

A decisión corresponde á súa situación persoal e profesional, por ser incompatible coas súas responsabilidades políticas

Rafael Martínez vén de presentar a súa renuncia como edil delegado da área de Emprendemento do Concello de Ponteareas. Con data de hoxe, pon fin de maneira voluntaria á súa etapa no goberno de Nava Castro.


En palabras do xa ex concelleiro: “No día de hoxe presentei a miña renuncia como concelleiro de Emprendemento. Aínda que tiña a ilusión de poder facelo, a miña situación persoal e profesional actual non me permite ter a dedicación necesaria para impulsar debidamente o emprendemento na nosa vila. Foi unha experiencia curta, intensa e de aprendizaxe. Grazas a Nava e a todo o equipo polo trato e o respecto. Grazas tamén a todos os veciños e veciñas pola confianza e o cariño recibido.”


A alcaldesa de Ponteareas dedicoulle unhas cariñosas palabras de despedida: “grazas pola túa dedicación, aportación e traballo. Deséxoche os maiores éxitos tanto na túa vida profesional como persoal”.


Nava Castro anunciou que o posto que deixa baleiro Rafa Martínez será ocupado polo seguinte edil da lista, Cristian Montes, Técnico Superior en Actividades Físicas e Deportivas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.