MOTOR
Stellantis Vigo reimplanta a cuarta quenda de traballo
O novo equipo de Fin de semana, integrado por 700 persoas, comienzaba a traballar o pasado 16 de setembro
Stellantis Vigo pon en marcha o 16 de setembro a Cuarta Quenda de traballo no Sis-tema 2, no que se fabrican vehículos comerciais lixeiros para as diferentes marcas da compañía. Con 700 persoas, este equipo de Fin de semana se reimplanta na fábrica para aumentar os volumes de produción nun contexto de progresiva recuperación dos mercados e dos fluxos de subministración.
A Cuarta Quenda do Sistema 2, implantado por primeira vez en 2018, recupérase tras suspenderse en outubro de 2021 como consecuencia dos problemas de aprovisio-namiento derivados da pandemia da COVID-19. No contexto actual, aínda que persis-ten certas dificultades, as previsións de produción comezan a estabilizarse para dar resposta a unha alta demanda dos modelos fabricados, que son líderes no mercado europeo.
O Sistema 2 produce vehículos para as marcas Citroën, Fiat, Opel, Peugeot e Vauxhall, pertencentes a Stellantis. Diariamente, de luns a venres, fabrícanse máis de 1.200 unidades. Este volume representa algo máis da metade dos 2.300 automóbiles que fabrica a planta cada xornada. O novo equipo producirá ao redor de 670 unidades máis cada xornada da fin de semana.
A Cuarta Quenda do Sistema 2 constituíuse con persoal proveniente doutros tur-nos, que solicitaron voluntariamente a súa incorporación, e con novas incorporacións, o que supuxo a contratación de 700 persoas.
Para a capacitación dos seus integrantes, impartíronse 95.000 horas de formación, coa colaboración da Xunta de Galicia, a través dos plans de axuda á formación da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.
Coa reincorporación do equipo de Fin de semana, a planta de Vigo de Stellantis supera os 6.500 empregados.
Ignacio Bo, Director de Stellantis Vigo sinalaba que “co novo equipo poderemos dar resposta á alta demanda dos nosos modelos comerciais lixeiros. Persisten ao-gunas dificultades no aprovisionamento da planta, pero prevemos unha estabiliza-ción que nos permitirá aproveitar o noso potencial de produción”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217