Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 20 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Cativos e maiores comparten iniciativa con motivo do Día Mundial do Alzhéimer

Afaga levou hoxe á Escola Infantil da Veigadaña o proxecto “Contos da raposa xenerosa”

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Educación, Julia Loureiro, e o presidente de Afaga Alzhéimer, Juan Carlos Rodríguez, participaron esta mañá nunha iniciativa promovida pola asociación na Escola Infantil a Galiña Azul de A Veigadaña con motivo do Día Mundial do Alzhéimer que mañá se conmemora. Unha actividade interxeracional baixo o título de “Contos da raposa xenerosa” na que confluíron literatura infantil, música tradicional galega e baile.

 

Trátase dun proxecto no que usuarios de Afaga e cativos da Escola Infantil comparten un tempo de encontro no que interactuar e compartir experiencias, na procura de que os nenos de idade infantil coñezan e descubran unha nova perspectiva de vida dende os ollos, verbas e experiencias dos máis maiores.

 

O desenvolvemento desta actividade busca a coparticipación no mesmo espazo de nenos de 2-3 anos cos maiores que acoden á Unidade de Atención a Persoas con Demencia de Afaga. A visión interxeneracional é a base do proxecto, onde os maiores narran varios contos infantís nas aulas da Escola Infantil. Desta maneira úsanse materiais significativos para os nenos pero coas habilidades e experiencias dos maiores.

 

Os obxectivos perseguidos son promover un encontro interxeneracional entre os máis pequenos e os máis maiores que elimine os estereotipos propios do edadismo actual. Crear espazos de participación entre nenos de 2-3 anos e maiores con demencia. Fomentar a integración das persoas con demencia no ámbito educativo. Eliminar barreiras físicas e psicolóxicas na percepción do proceso de envellecemento. Favorecer a creación de vínculos afectivos entre os máis pequenos e os maiores. Dotar de novas ferramentas de comunicación ós maiores cara unha relación menos verbal. Estimular as funcións cognitivas dos grupos participantes, con actividades de contido lingüístico, sensorial, motor e social. Desenvolver un axeitado estado emocional, xerando estratexias de autocoñecemento e xestión adecuado das propias emocións. Promover o coñecemento literario nos maiores das obras infantís actuáis e promover o coñecemento literario dos pequenos das obras tradicionais dirixidas ós nenos de épocas anteriores.

 

Tras a lectura de contos tradicionais e actuáis fíxose unha posta en común de emocións derivadas dos contos mediante a expresión musical e corporal.

 

A protagonista da historia, é a raposa Xenerosa. Escolleuse á raposa por ser unha especie típica da zona.

 

A lectura dos contos seleccionados foi activa e participativa cunha dinámica de presentación grupal de todos os participantes, usuarios e nenos, coa presencia sempre da figura da Raposa Xenerosa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.