VIGO
Ana Ortiz destaca o apoio da Xunta a Down Vigo
A delegada territorial de Xunta en Vigo visitou recentemente o Centro Sociocomunitario Rivera Atienza no que mozos realizan prácticas grazas ao proxecto financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, vistiou este pasado venres o Centro Sociocomunitario Rivera Atienza no que catro mozos e mozas da Asociación Down Vigo realizan prácticas remuneradas no marco do proxecto Aprendizaxe e Inclusión Sociolaboral que financia a Consellería de Política Social e Xuventude.
A representante autonómica destacou o apoio da Xunta para fomentar a promoción da vida autónoma das persoas con discapacidade e a súa integración no mundo laboral. “É prioritario ofrecer a igualdade de oportunidades e o Goberno galego sempre vai a colaborar na busca de programas de educación e inclusión”, sinalou.
Grazas a este proxecto dous mozas e dous mozos de Down Vigo realizan prácticas en catro centro sociocomuniarios da cidade: Rivera Atienza, Bouzas, Coia e Calvario. Durante á visita, Ana Ortiz estivo acompañada pola directo do centro, Begoña Amigo, polo director de Down Vigo, Roberto Campo, e polos preparadores laborales, Miguel Estévez e David Esperón.
“Down Vigo ten demostrado ser un cooperador fundamental do Goberno galego na procura dunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria, e neste sentido quero agradecer a súa implicación e traballo para seguir facendo da nosa Comunidade un mellor lugar para vivir”, destacou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217