VIGO
O BNG de Vigo oporase á ampliación de prazo para a aprobación provisional do novo PXOM
A fronte nacionalista votará en contra da proposta do Goberno municipal atendendo as advertencias do propio Secretario Xeral do Pleno sobre as consecuencias urbanísticas que terá a ampliación ao rematar o período de suspensión automática de licenzas
O Bloque Nacionalista Galego votará en contra da proposta para ampliar até o 5 de xaneiro o prazo para a aprobación provisional da Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Vigo, coa que o Goberno municipal pretende alargar a vixencia do Instrumento de Ordenación Provisional (IOP), e que someterá a ditame no Pleno ordinario do vindeiro luns 25 de setembro.
Así o vén de anunciar o Portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que argumentou a posición das nacionalistas con base as advertencias recollidas no informe elaborado polo Secretario Xeral do Pleno nas que se se sinala que esa ampliación permitirá a partir do 16 de outubro “outorgar licenzas ao amparo deste instrumento de planificación, unhas licenzas cuxa ordenación urbanística non coincidirá -polo xeral- coa inicialmente aprobada no PXOM de revisión (quizás tampouco coa que provisionalmente se aprobe), circunstancia anómala que o Pleno, considerando o interese público en xogo e os fins do PXOM en revisión, debe valorar ao fin de considerar a conveniencia de deixar, ou non, sen efecto o IOP”. Nese informe o máximo funcionario municipal acrecenta a advertencia apuntando, de maneira expresa, que “a incidencia da ordenación discordante (PXOU de 1993) pode ter consecuencias máis leves que a discordancia do IOP”.
“O BNG non imos colaborar cunha manobra [en alusión á ampliación proposta] que se basea nunha interpretación normativa moi arriscada e que para alén de someter a tramitación que resta do novo Plan Xeral a unha evidente inseguridade xurídica o que vai provocar é que se poidan dar licenzas que co novo PXOM non serán legais”, explicou Igrexas, que lembrou a importancia de que o novo Plan Xeral se tramite con “estrito cumprimento da lei” para evitar situacións como as que provocaron a anulación do PXOM de 2008.
Neste sentido, o portavoz municipal nacionalista denuncia que as preto de 100 licenzas que fican paralizadas até o momento pola suspensión automática, que mandata a Lei do Solo de Galiza e que o Goberno local tentou non respeitar, atinxen nalgúns casos a ámbitos rústicos de especial protección e mesmo a parcelas en primeira liña de litoral. “É claro que o único que busca con esta ampliación o Goberno de Abel Caballero é darlle saída a toda presa a licenzas que co novo PXOM non poderán outorgarse, nun novo exemplo indecente de urbanismo á carta. O alcalde debera explicarlle á cidadanía a que intereses responde este xogo perigoso, desde logo non é ao interese público da cidade”.
Opacidade
Desde a fronte nacionalista denuncian tamén a opacidade que envolve esta “ampliación extraordinaria” como acredita o feito de que o Goberno municipal volvese vulnerar os dereitos fundamentais do Grupo municipal do BNG ao non ter facilitado, como se lle solicitou o 13 de setembro, acceso a todas as licenzas urbanísticas que non foron tramitadas en aplicación da suspensión automática de licenzas e de todos os informes emitidos pola Secretaría Xeral sobre as mesmas. “Deben ter moito que ocultar”, criticou Igrexas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217