Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 14:02:58 horas

Xornal21.es
Martes, 26 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

López anuncia atención presencial sen cita previa nas oficinas do Oral en Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra percorreu as instalacións deste servizo e puxo en valor o “excelente labor” que realizan a diario os traballadores

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este martes a recuperación da atención presencial sen cita previa no servizo do Oral nunha visita ás oficinas da pontevedresa Avenida de Marín na que estivo acompañado polo deputado de Xestión Tributaria, Alejandro Lorenzo.

 

O dirixente provincial puxo en valor a recuperación deste tipo de atención, que se perdera como consecuencia das restricións sanitarias pola pandemia da covid-19, que ofrece unha maior comodidade ao usuario. Con todo, aquelas persoas que desexen planificar a súa asistencia a estas oficinas do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais seguirán tendo a posibilidade de solicitar cita previa.

 

“Téñense dado casos de xente que se achegaba a oficina do Oral porque non estaban familiarizados co manexo das plataformas ou que acudía de xeito ocasional e non podían recibir a atención que demandaban e tiñan que volver outro día. Iso en ámbitos rurais e non tan rurais causaba un prexuízo. Por iso cremos que é un avance importante”, declarou López sobre a importancia da recuperación da atención presencial sen cita previa.

 

Nesta primeira visita de Luis López ás oficinas do Oral como presidente da Deputación, o mandatario aproveitou tamén para destacar o “excelente labor” que realizan as persoas que traballan neste organismo dependente da entidade provincial.

 

Un bo funcionamento que referendou con datos ao recordar o crecemento da recadación dun 109 % no ano 2022 en comparación co ano anterior. Ou das boas previsións para os tributos do IBI ou o IAE, que teñen aberto o seu prazo de pago, e que se esperan que superen os 72 e os 8,9 millóns de euros respectivamente.

 

Defendeu Luis López a importancia da atención que presta este servizo, especialmente para a veciñanza dos concellos máis pequenos da provincia, que delegan no Oral a recadación dos seus impostos. “É un servizo fundamental para manter con vida as nosas vilas e as nosas aldeas”, rematou o presidente da Deputación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.