PROVINCIA
A Xunta apoia á mocidade no impulso das súas iniciativas
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu á presentación do proxecto ‘Arousa Inspira’
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu onte á presentación do proxecto Arousa Inspira, un dos beneficiados do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia. Durante o evento, a directora xeral sinalou que o Goberno galego ten entre os seus obxectivos fomentar proxectos emprendedores protagonizados pola xuventude que dean resposta ás súas inquietudes e intereses.
O proxecto presentado pola organización Arousa Moza, que se desenvolverá este sábado en Vilagarcía de Arousa, consiste en conxugar actividades creativas con outras que fomentan o coñecemento cultural e natural do concello. A mocidade poderá participar en actividades de fotografía, pintura, poesía e mesmo nunha xincana polo pobo. A idea central sobre a que xira o programa de actividades é mesturar a diversidade coa tradición.
O Goberno galego ofrece mediante o programa Iniciativa Xove financiamento para que asociacións e grupos xuvenís poñan en marcha proxectos en distinto sectores. Destínase a este fin 400.000 euros e cada entidade pode optar a unha axuda de ata 5.000 euros. A directora xeral destacou que mediante o Iniciativa Xove, procúrase darlle á mocidade o apoio económico necesario para facer realidade os seus proxectos e iniciativas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163