Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 28 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

O programa “Galegas Dixitais” regresa a Mos

Durante os meses de outubro e novembro impartiranse na Axencia de Colocación do Concello dúas accións formativas para a mellora das capacidades dixitais e o nivel de empregabilidade de mulleres residentes en zonas rurais. As participantes recibirán gratis un computador portátil para poñer en práctica todo o aprendido

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Emprego e Participación Cidadá, Julia Loureiro, informan da posta en marcha de dúas accións formativas na Axencia de Colocación do Concello de Mos enmarcadas no  programa “Galegas Dixitais”. Este programa vai dirixido a mulleres preferentemente desempregadas ou que estean en situación de demanda de mellora de emprego.


Ademais do título oficial, as participantes conseguirán un computador portátil CHROMEBOOK gratuíto, para poñer en práctica todo o aprendido. Os cursos están financiados pola Unión Europea a través do Ministerio de Traballo e promovidos pola Xunta de Galicia a través da Oficina Emprego Galicia.


Os obxectivos que se pretenden alcanzar coa impartición destas formacións pasan pola mellora das capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais, o incremento do seu nivel de empregabilidade, o impulso do emprendemento e o desenvolvemento rural e por último a redución da brecha de xénero. No mes,  de outubro están previstos 2 cursos de 135 horas cada un, nos cales se impartirán os seguintes módulos:

 

  • Competencias dixitais básicas.
  • Competencias dixitais avanzadas.
  • Iniciación en competencias dixitais básicas para o emprendemento


Datos dos cursos ( ambos teñen as mesmas datas) :

  • Inicio: 16/10/2023
  • Finalización: 27/11/2023
  • Horario:
    • Mañá: 09:00 a 14:00 horas
    • Tarde: 16:00 a 21:00 horas

 

As interesadas en participar poden inscribirse previamente de varios xeitos:

No correo : info@axenciadecolocacionmos.es
Acudindo presencialmente á Axencia de Colocación do Concello (09:00 a 14:00) Estrada Peinador , 39 Tameiga Mos 986487786.
Ou directamente a través da páxina web https://www.galegasdixitais.es/

 

O vindeiro día 10 de outubro, ás 12:00 horas, celebrarase unha reunión informativa  á que poden acudir todas as persoas interesadas na acción formativa ou que teñan algunha dúbida sobre a mesma.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.