VIGO
O albergue do Berbés recibe ao seu peregrino 20.000
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiron este xoves ao xaponés Kazuya Miyoshio
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiron este pasado xoves ao xaponés Kazuya Miyoshio, camiñante número 20.000 que se aloxa no Albergue de Peregrinos “Juan Manuel López Chaves”. O establecemento, que funciona xa a pleno rendemento desde xullo de 2021 no barrio do Berbés, acadou a cifra neste ano 2023 no que está a bater todos os rexistros.
Os representantes autonómicos, acompañados polo propio Juan Manuel López Chaves, recibiron ao peregrino de Kioto de 63 anos e amosaron a súa “satisfacción” pola cifra acadada. Así, destacaron o acerto do Goberno galego cando decidiu investir 1,8 millóns de euros para dotar á cidade do seu primeiro albergue público no Casco Vello. “Os números avalan a decisión que tomamos para a rehabilitación dos edificios nun lugar emblemático”, sinalou.
Segundo relatou Ana Ortiz, os datos do albergue ata setembro superan xa aos de 2022, cando o número de camiñantes que chegaron ao aloxamento foron de 7.950. “A afluencia de peregrinos, procedentes de 78 países, experimentou un aumento espectacular nos últimos meses e a nosa ruta xacobea, única cun percorrido pola costa atlántica, supera todos os rexistros este mesmo ano, converténdose na que máis crece”, engadiu a delegada.
Pola súa banda, Xosé Merelles ratificou a aposta de Turismo de Galicia polo Camiño Portugués da Costa e polo albergue de O Berbés. “Ademais de dar visibilidade ao Camiño de Santiago en Vigo, está demostrando que é un dos polos, un dos imáns, máis importantes de Galicia”, indicou.
O edificio do albergue conta con seis plantas nunhas instalacións accesibles para dar resposta á demanda de aloxamento. A infraestrutura ten capacidade para unhas 90 persoas en 7 habitacións e dispón tamén de cociña, comedor, zona de ocio e aseos.
Camiño Portugués da Costa
Ana Ortiz e Xosé Merelles tamén sinalaron que o Camiño Portugués da Costa recibiu no que vai de ano a un total de 43.302 peregrinos (en todo o 2022 foron 30.646), mentres que no Camiño Portugués xa van 74.206 (foron 93.077 en 2022). A ruta que pasa por Vigo obtivo neste periodo o 11% do total de peregrinos en Galicia, o que significa catro puntos máis que en 2022 e sete máis que en 2021. Así, consolídase como a terceira ruta máis demandada tras o Camiño Francés e o Camiño Portugués, por diante dos itinearios Inglés, Norte e Primitivo.
Ademais, a representante autonómica lamentou unha vez máis que Vigo siga sen sinalización oficial. “Vigo segue sendo a única cidade de Europa que non ten o camiño sinalizado e por fortuna contamos coa axuda de comerciantes, taxistas e colectivos para difunfir o Xacobeo e guiar aos peregrinos”, argumentou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11