PROVINCIA
O vídeo de promoción turística da provincia impulsado pola Deputación recoñecido no Festival Cannes
Este é o segundo recoñecemento internacional ao audiovisual da campaña turística da provincia, baseado no patrimonio inmaterial da provincia
O audiovisual de promoción turística da provincia impulsado pola Deputación de Pontevedra suma un novo recoñecemento internacional coa concesión dun golfiño de ouro na categoría de produto turístico dos Cannes Corporate Media & TV Awards 2023. O fallo deuse a coñecer a noite do xoves 28 de setembro, nunha gala celebrada no Boulevard de la Croisette da cidade francesa de Cannes. Esta é a primeira vez que un vídeo promocional da Deputación de Pontevedra logra competir neste prestixioso certame.
O xurado do festival, formado por 70 profesionais da industria, dotou a peza de Turismo Rías Baixas do máximo recoñecemento na categoría onde competía, sendo seleccionada entre un total de 200 finalistas –das cales 130 obtiveron algún premio– e preto de 900 candidaturas chegadas desde 45 países de todo o mundo. Deste xeito, o xurado situou o audiovisual de promoción da provincia ao mesmo nivel que unha campaña suíza, coa que comparte distinción, protagonizada entre outros pola actriz gañadora dun Oscar Anne Hathaway.
O audiovisual turístico da provincia de Pontevedra, elaborado pola produtora Esmerarte Industrias Creativas, conta na actualidade con dous galardóns, xa que anteriormente recibiu un premio de prata na categoría Online & Social Media dos US International Awards. Tanto este como o Cannes Corporate Media & TV Awards están integrados no circuíto internacional CIFFT (Comité Internacional de Festivais de Cine de Turismo).
A campaña de promoción turística impulsada pola Deputación este ano baséase no patrimonio inmaterial e está contada a modo dunha viaxe que realiza a actriz Julia de Castro á provincia. O vídeo supón unha declaración do orgullo polo legado de Pontevedra e a súa reinterpretación desde a modernidade, dando valor ás persoas encargadas de manter e transmitir os valores intanxibles do destino. As tradicións, a identidade, as raíces, a artesanía ou as festas son algúns dos recursos protagonistas da campaña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163