Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 2.500 persoas participaron na actividade de mergullo organizada no Parque Nacional das Illas Atlánticas

A iniciativa, na que colabora a Xunta, ofreceu a posibilidade de coñecer os fondos mariños deste espazo natural de xeito único, ademais de promover a conciencia ambiental sobre a contorna

A Xunta colaborou nunha actividade de mergullo no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que contou este verán coa participación de máis de 2.500 persoas. Concretamente, ao redor de 1.700 exploraron os fondos de Cíes, unhas 370 os de Sálvora, preto de 300 os de Ons e algo máis de 100 fixeron o propio en Cortegada.


Así mesmo, cabe destacar que en torno a un 30% das persoas que deciden somerxerse nesta aventura son estranxeiras, polo que se trata dun atractivo turístico que achega de forma directa o valor natural do parque aos seus visitantes internacionais. Neste senso, tamén é interesante subliñar que a idade media dos participantes foi de 20 anos, xa que se trata dunha práctica que resulta especialmente atractiva para a mocidade.


Por outra banda, cómpre facer fincapé nos beneficios que o snorkel trae ao parque. O labor de divulgación que cumpre contribúe á implicación activa dos visitantes na protección do ecosistema. Máis alá da práctica deportiva, a experiencia xira entorno á educación ambiental e á posta en valor e coidado do tesouro natural que supoñen as Illas Atlánticas.


Así, a experiencia, cuxa popularidade é maior cada ano, no só permite explorar o ecosistema mariño dunha forma diferente, senón que ademais é unha práctica responsable co entorno natural que promove o seu coidado e preservación. Entre as modalidades que abarca, a preferida polos visitantes é o mergullo con escafandra autónoma.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.