Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O CAAN da Deputación rescata cinco cachorros arroxados a un colector na Cañiza

Os animais, tres femias e dous machos que tiñan só un día de vida, están a recuperarse nas instalacións da Armenteira

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra acaba de rescatar a cinco cachorros que foran arroxados dentro dunha bolsa atada nun colector no municipio da Cañiza. Os animais, tres femias e dous machos, tiñan tan só un día de vida e atópanse en relativo bo estado de saúde a pesar das circunstancias. Nestes momentos están a recuperarse nas instalacións da área de maternidade do centro na Armenteira.

 

Foi unha veciña a que descubriu o pasado sábado, 30 de setembro, aos cachorros nun colector da rúa Álvaro Cunqueiro da Cañiza e deu aviso á Garda Civil, que alertou ao CAAN. Persoal do centro trasladou aos cinco cachorros, tres femias, ás que se lle deu o nome de Brisa, Bimba e Lola, e dous machos, chamados Sancho e Lucas. Nas instalacións da Armenteira están a recibir a alimentación e os coidados necesarios e, de continuar a súa favorable progresión, continuarán no centro ata completar o proceso para saír en adopción, que se prevé nun par de meses en canto conten coa pauta de vacinación completa. Amais, os animais sairán desparasitados interna e externamente e con chip.  

 

Na actualidade, hai 52 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que segue mantendo a premisa de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións. O centro traballa 24 horas ao día os 365 días do ano, con servizos de recollida e veterinario de urxencia. As adopcións son gratuítas e o persoal asesora as persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitas como para formalizar  as adopcións pídese cita previa nos teléfonos 986 140 360 ou 886 217 391.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.