Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño avanza na mellora das súas instalacións deportivas

Os dous proxectos máis inmediatos son a remodelación dos campos de fútbol de Lourambal e San Campio, en Pontellas, nos que se subtituirá a actual herba artificial por sintética

O Concello do Porriño continúa traballando para que as súas instalacións deportivas ofrezcan o mellor servizo aos usuarios e aos clubes deportivos que as utilizan.


Entre elas, as dos campos de fútbol dos diferentes clubs do municipio nos que se levarán melloras a curto prazo que aumenten o rendemento destas instalación, reforcen a seguridade e permitan unha maior calidade deportiva no seu uso. As primeiras proxectadas, tal e como anunciaron hoxe o alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de deportes, Abel Estévez, son as que se levarán a cabo nos campos de San Campio en Pontellas e do Lourambal, que usan o CD Pontellas e o Porriño Industrial, respectivamente.


En ambas pistas procederase á substitución do actual céspede de herba por articficial. “Debido ás crecentes necesidades de uso faise necesario adecualos e dotalos de céspede artificial para permitir a súa utilización por varios equipos e ter a posibilidade de que se xoguen varios partidos nun mesmo día, cuestión que un campo de herba natural non permite”, explicou o rexedor. En ambos campos de xogo a remodelación farase atendendo aos requisitos definidos pola normativa para garantir as condicións nas que deben desenvolverse a práctica deportiva.  “É moi importante que todas e cada unha das instalacións que usas os nosos clubes estén nas mellores condicións, xa que tamén as usas as categorías inferiores, xa o deporte base é unha das nosas apostas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.