Martes, 28 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Santi Davila acusa ao PSOE de “cómplice” do goberno de Salceda

O voceiro do PP califica a Verónica Tourón de “cooperadora necesaria” da alcaldesa, “xa que a investíu malia os seus fortes desacordos e a febleza que se lle presumía, polo que non ten dereito á critica”

O voceiro municipal do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, posicionouse na xornada  sobre o balance do goberno local realizado polo PSOE, ao que acusou de ser “cómplice” do executivo de Loli Castiñeira a animouno a “poñer data e hora para ter unha reunión para cambiar este desgoberno se ve que a súa xestión é tan mala e tan nefasta, que é algo no que coincidimos plenamente”.

 

O concelleiro popular calificou á socialista Verónica Tourón de “cooperadora necesaria” da alcaldesa, “xa que a investíu malia as enormes diferenzas e os fortes desacordos que teñen e malia a febleza que xa se lle presumía a este executivo en minoría, pero o fixo co único obxectivo de que non gobernáramos desde o Partido Popular como lista máis votada, polo que, por todas estas circunstancias, por votar a unha alcaldesa e un proxecto no que non cre, non ten ningún dereito á crítica”.

 

Davila agradeceu que a ex alcaldesa socialista só louve, con respecto a estes primeiros cen días de mandato, as actuacións financiadas polo PP desde a Xunta, como o IES Pedras Rubias ou o obradoiro de emprego, polo que sostén que teñen máis coincidencias que con MS para dirixir o rumbo de Salceda de Caselas.

 

“Se realmente cre que o balance deste goberno é un folio en branco e só hai perspectivas de empeoramento para estes catro anos, Verónica Tourón teno moi fácil, só ten que poñer data e hora para sentarnos porque hai opcións legais e democráticas para facer un máis que necesario cambio de goberno”, sinalou o voceiro popular, que engadíu que dita medida “é imprescindible para que Salceda poida ter futuro, porque aquí non hai xestión, non hai nada, só se tiran os trastos á cabeza en perxuízo dos veciños mentres os concellos da contorna, como O Porriño, Mos ou Salvaterra vemos como avanzan cada día”.

 

“En todo caso, Verónica Tourón e o PSOE local non van facer nada máis que esa rolda de prensa, que en realidade é unha cortina de fume para tentar quedar ben. Á hora da verdade, as decisións dos socialistas de Salceda non se toman aquí nin se toman na defensa dos nosos veciños, senón que todo se fai desde a sede do PSOE do Pino en Santiago”, lamentou Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.