GALICIA
A Xunta aposta por estender a transición enerxética ás cidades galegas
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, estivo na apertura do simposium ‘Urban Solutions’, organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal)
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou onte en Santiago de Compostela na apertura do simposium Urban Solutions, organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), onde apostou por estender a transición enerxética ás cidades galegas para que poidan gañar en sustentabilidade.
O director xeral incidiu no compromiso da Xunta de Galicia por impulsar unha transición enerxética ordenada e planificada, con actuacións quer permitan implantar enerxías renovables e aumentar a eficiencia enerxética pero que, á vez, teñan unha clara compoñente social. Deste xeito, avogou por que nesta transición se aposte pola reconversión e reindustrialización das zonas afectadas, mantendo o emprego.
Porén, Pablo Fernández Vila explicou que esta transición, ademais de ter en conta o ámbito industrial, non debe esquecer aspectos como o transporte ou a edificación. E referiuse, especialmente, á importancia de facer partícipes deste cambio ás cidades galegas, incidindo en cuestións enerxéticas, mellora de iluminación, mobilidade eficiente ou mellores infraestrutruas, cuestións que, ademais de contribuír á loita contra o cambio climático, permiten a mellora da calidade de vida da veciñanza.
Neste sentido, a Xunta axuda ás entidades locais con programas de mobilidade sustentable, eficiencia enerxética en infraestruturas públicas ou co fomento dunha xestión conxunta da electricidade.
Noite Enerxética
No marco deste simposium, o Hostal dos Reis Católicos acollerá hoxe a celebración da Noite enerxética, á que asistirán tanto o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, como o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández López; a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez; e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.
No transcurso deste evento, a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, recollerá o premio outorgado por Cluergal á Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pola construción de dúas centrais de biomasa para dar servizo a centros educativos en Lugo e Lalín. Estas instalacións foron recoñecidas polo Clúster como actuacións sobranceiras no ámbito da enerxía en Galicia durante o 2023.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180