Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 11:01:38 horas

Xornal21.es
Domingo, 08 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

O 40% das persoas que realizaron o Camiño Portugués en setembro saíron dende Tui

Consolídase a desestacionalización do Camiño e a afluencia de peregrinos internacionais que representaron o 62,6%

Un total de 5.322 persoas saíron dende Tui no pasado mes de setembro para realizar o Camiño  Portugués de Santiago. Representan o 40% dos 13.300 peregrinos e peregrinas que en setembro percorreron esta vía xacobea. Estes datos da Oficina do Peregrino da Catedral e Santiago, e os aportados pola Oficina Municipal de Turismo de Tui, en setembro  confirman a desestacionalización da presenza de visitantes e peregrinos na cidade.

 

Tui consolídase así coma o segundo lugar de inicio do Camiño de Santiago tras Sarria, en todas as rutas xacobeas, segundo as estatísticas da Oficina do Peregrino da Catedral e Santiago, unha posición mantida ao longo dos meses. Cómpre salientar que de Valença saíron en setembro 1.912 persoas cara Compostela.

 

Así unha media de 443 peregrinos e peregrinas percorren diariamente a cidade, segundo se desprende destes datos. Boa parte dos mesmos fan noite en Tui nos establecementos de hostalería tudense e moitos aproveitan tamén para coñecer a cidade.

 

Das 13.300 persoas que en setembro realizaron esta ruta xacobea 65,62% eran estranxeiras e o 33,56% eran españolas segundo os datos da Oficina do Peregrino da Catedral e Santiago.

 

Dos peregrinos e peregrinas internacionais o 10,24% portugueses, o 8,22% estadounidenses, case o 8% alemáns, e o 4,63% italianos. Pero tamén se rexistraron cidadáns de Brasil, Reino Unido, Canadá , Australia, Holanda, República Checa, ou México.  Mentres nos peregrinos nacionais o 32% foron andaluces, o 14% madrileños, o 12% valencianos, e case un 8% canarios.

 

A concelleira de Turismo do Concello de Tui, Ana Núñez Álvarez, sinala que estes datos confirman “a consolidación dos procesos de desestacionalización na afluencia de peregrinos e peregrinas especialmente de procedencia internacional que garanten que a peregrinación actúe como un motor do sector turístico tudense practicamente ao longo de todo o ano”. Engade que “estas son unhas cifras que reclaman de todos os axentes implicados unha aposta pola calidade da acollida e a hospitalidade na nosa cidade para consolidar esta tendencia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.