GALICIA
As asociacións de autónomos aportarán a súa experiencia no proceso de mentorizació
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, mativo esta semana unha xuntanza co colectivo dos traballadores por conta propia no seo da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, mantivo unha xuntanza co colectivo dos traballadores por conta propia no seo da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia á que asistiron representantes de APE, ATA e Agtamar.
Na reunión, ademais de avaliar a situación actual do mercado de traballo, abordouse a posibilidade de qe as tres asociacións máis representativas dos autónomos en Galicia apoien coa súa experiencia a mentorización das persoas emprendedoras que están a asesorarse con seus proxectos a través da Rede de polos de emprendemento da Xunta. “A nosa intención con esta medida é que os polos aunen todos os recursos autonómicos en materia de emprendemento, ao tempo que conten coa experiencia do propio colectivo, seguir sumando forzas para impulsar o emprendemento en Galicia e dar solucións a estes traballadores”, apuntou o secretario xeral.
Fernández apuntou, así mesmo, que a Xunta mantén “un diálogo constante” con este colectivo, para atender as necesidades tanto dos que empezan como dos que están xa en activo para dar saída as súas problemáticas como é en moitas ocasións a falta de relevo xeracional.
Lembrou que no que vai de ano, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade activou máis de 66 millóns de euros do orzamento específico destinado a este grupo de profesionais; e está a deseñar unha nova estratexia para os traballadores por conta propia: a Axenda de Impulso ao Emprego Autónomo 2023-2026, que se elabora en colaboración coa Mesa do Emprego Autónomo e prevé publicarse este 2023, cun orzamento de máis de 200 millóns de euros.
Galicia é cun 20% do total de afiliados a primeira comunidade autónoma con maior peso deste colectivo e se posicona como a segunda rexión con maior porcentaxe de empresarios empregadores de man de obra, dentro do total de ocupados

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11