Vigo
O alcalde apunta que “o turismo de Vigo é obxecto de estudio en universidades”
Abel Caballero deu conta dos datos de ocupación do Aeroporto de Vigo que cifrou no 85%, converténdose así no segundo mellor mes do ano 2023. Barcelona segue a ser a ruta con máis asentos ocupados
Os datos de ocupación do aeroporto de Vigo no mes de setembro rexistraron o seu segundo mellor dato do ano, despois de agosto. A media dos voos que parten e chegan á cidade olívica foi do 84,5%.
Abel Caballero sinalou que “os resultados turísticos de Vigo son excepcionais e obxecto de estudio nas universidades”. A ruta que encheu máis os avións foi Barcelona, cun 94% de ocupación media das dous compañías, Vueling e Ryanair. Tenerife Norte rexistrou un 89%, séguenlle Menorca (88%) e Gran Canaria e Ibiza (87%). As conexións con Madrid obtiveron unha media de ocupación do 82%, algo que o rexedor sinalou como un dato “impresionantemente alto xa que implica que algúns avións van completamente cheos”. Londres, Lanzarote e Bilbao rexistraron unha ocupación do 78,5%.
Caballero vaticinou que seguirán os cheos, tamén na ocupación hoteleira, coa chegada do Nadal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58