Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 11 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Os comuneiros ameazana empresas de Salvaterra con avisos de que van a polas súas parcelas

Polo menos dous empresarios recibiron xa avisos para “negociar” tras unha primeira sentenza xudicial que outorgou a titularidade dunha parcela municipal de 10.000 metros á Comunidade de Montes

Empresarios do polígono de Chan da Ponte, en Salvaterra do Miño, recibiron xa unha carta da Comunidade de Montes en Man Común para negociar con eles no marco do conflito impulsado por esta entidade para reclamar a titularidade do terreo no que se atopa este parque industrial.

 

Os comuneiros lembran que meses atrás interpuxeran demandas de conciliación no Xulgado de Paz de Salvaterra en relación á ocupación de distintas parcelas e tamén que a CC MM xa conseguira un pronunciamento xudicial favorable sobre unha área de 10.000 metros cadrados que figuraba a nome do Concello de Salvaterra, institución que recorreu a sentenza.

 

“Os fundamentos desa resolución _sosteñen_, aínda sendo de aplicación unicamente para a zona que foi reclamada, facilítannos a futura demanda do resto de parcelas de Chan da Ponte, por constituír toda unha extensión que se corresponde co histórico monte veciñal”.

 

A zona susceptible de estar afectada polo conflito supera as 48 hectáreas e inclúe máis dunha vintena de empresas, cun millar de traballadores, así como un centenar de vivendas (entre Chan da Ponte, A Lagoa, Ramallás ou Casal) e equipamentos como un campo de fútbol ou un instituto de Secundaria. O polígono industrial foi promovido polo Concello de Salvaterra nos anos 80, a raíz da aprobación do Plan Xeral de 1983. A clasificación resolta en 1984 pola Xunta de Galicia deixou fóra da consideración de monte en man común, dentro das máis de 48 hectáreas, o cemiterio, o cuartel da Garda Civil e un colexio, pero non o parque industrial, as casas e outras instalacións.

 

Empresarios de Chan da Ponte mantiveron días atrás un encontro no salón de actos do Concello de Salvaterra con Beatriz Ucha, a presidenta da Plataforma Galega de Afectados polas Comunidades de Montes, entidade xurdida hai uns meses en Vigo e Mos para loitar contra a inseguridade xurídica que están a xerar as demandas interpostas por comunidades de montes galegas para facerse coas fincas e propiedades de particulares e empresas. A Asociación de Propietarios e Empresarios Chan da Ponte de Salvaterra do Miño (Adechan), que se adheriu o pasado xullo a esta plataforma, foi quen confirmou que polo menos dous industriais con intención de obrar nas súas parcelas recibiron o controvertido comunicado dos comuneiros.

 

A problemática en Salvaterra é similar a que se está a dar noutras áreas. Beatriz Ucha anticipou aos asistentes á reunión os futuros pasos que se prevé que dará a Comunidade de Montes en relación á titularidade das parcelas das empresas, “pois sempre seguen a mesma dinámica ata facerse coas propiedades e esixir fortes compensacións a industrias e particulares”. Ucha incidiu en que o conflito é un problema que afecta directamente a calquera persoa titular de terreo comunal, non só a empresarios. “Aquí estamos todos sinalados, empresas, vivendas particulares ou os propios comuneiros, pois a directiva da comunidade de montes pode decidir arbitrariamente ir a por calquera parcela e terá a xustiza da súa parte”, insistiu.

 

Na carta que están a recibir os empresarios de Salvaterra, os comuneiros amósanse “abertos a negociar” para facilitar actividades e investimentos, pero sinalan xa ao Concello de Salvaterra como obxectivo das posibles reclamacións das compañías porque “lles vendeu o que non era seu”.

 

No encontro no Concello, o presidente de Adechan, Juan Carlos Lemos, insistiu nun chamamento aos afectados por esta problemática en Salvaterra do Miño para que se sumen á súa asociación e consecuentemente á plataforma.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.