Lunes, 12 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 12 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
BAIONA

O Concello de Baiona reforza a limpeza viaria cunha intensiva campaña de baldeos

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, iniciou unha campaña de reforzo da limpeza viaria a través da realización de distintos baldeos e decapados nas zonas peonís tentando actuar nas rúas coa sucidade máis incrustada. Os traballos de limpeza levarán a cabo coa axuda de maquinaria especializada na limpeza destas características e complementarán os labores habituais realizados nas rúas e prazas da localidade.

 

Esta iniciativa, de carácter extraordinario tras a tempada estival, arrincou a mediados desta semana e conta coa presenza dun equipo por varias persoas está a traballar co apoio da máquina de baldeo para realizar baldeos e decapados das beirarrúas con equipos de limpeza con auga a presión e outros medios mecánicos, para unha mellor limpeza viaria e a imaxe xeral do estado da localidade.

 

O Concello de Baiona, xa ha reforzando os servizos básicos de limpeza e baldeo intensivo no municipio durante o verán.

 

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinalou que "estamos a traballar intensamente para dar maior resposta á veciñanza en materia de limpeza e, ao mesmo tempo, mellorar a imaxe de Baiona. Para iso informa que "dentro deste novo plan decapado das rúas coa sucidade máis incrustada,  xa se está levando  a cabo en rúa Marqués de Quintanar dando continuidade por Ramón e Cajal así como  pola Zona vella (Ventura Misa e Praza de Pedro de Castro). Tamén pola Rúa  Elduayen así como os distintos canellóns que dan acceso a esta céntrica rúa baionesa (rúa Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Gondomar, Nigrán, Tomiño e Oia). A maquinaria tamén pasará por rúa Alférez Barreiro e pola Avenida Julián Valverde en Sabarís”.

 

E é que segundo lembrou "un dos compromisos do alcalde, é mellorar o estado xeral do municipio e a calidade dos servizos básicos que ofrece o Concello aos cidadáns e cidadás, entre os que se inclúe a limpeza viaria. Niso estamos a traballar, empezaron a notarse o resultados pero seguiremos profundando neste labor na que esperamos tamén contar coa necesaria colaboración de todos a cidadanía".

 

O rexedor baionés tamén solicita “a colaboración do sector da hostalería e da cidadanía en xeral para que as rúas permanezan limpas para o goce de todos os veciños e veciñas o máximo tempo posible. “Unha Vila coas rúas limpas é fundamental para a propia hixiene da mesma e que todos a veciñanza gozar do noso municipio nas mellores condicións e tamén para aquelas persoas que nos visitan e vanse cunha boa imaxe da nosa localidade”.

 

O obxectivo deste reforzo é combater a acción xerada sobre as beirarrúas para iso realízase unha limpeza en profundidade da sucidade incrustada, graxas, , e sucidade persistentes aos procedementos normais de baldeo e varrido. O equipo utilizado posúe unha impulsión de auga a presión e complétase cun reforzo de produtos  desengrasantes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.140

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.