Martes, 18 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 11 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O concello do Porriño e a Cámara de Comercio de Tui estreitan a súa colaboración

As empresas que conforman o Pleno da Cámara mantiveron unha xuntanza co alcalde, Alejandro Lorenzo, na que se lograron importantes principios de acordo na colaboración entre ambas entidades

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, participou esta semana no pleno da Cámara de Comercio de Tui, que se celebrou onte nas instalacións da Compañía Española de Algas Marinas SA (CEAMSA), líder mundial na producción de carragenina e referente en I+D+i no seu sector.


Durante unha visita ás instalacións de Ceamsa no Porriño, as empresas que conforman o Pleno da Cámara mantiveron unha xuntanza co rexedor na que se lograron importantes principios de acordo de colaboración para o impulso do tecido empresarial e industrial no municipio.


Entre estes acordos está a cesión de instalacións para o desenvolvemento de accións, como o Programa de Xeración Dixital Pemes de Galicia Business School na edición que se celebrará en colaboración coa Cámara de Comercio de Tui no ano 2014. Este programa para Equipos Directivos, forma parte do Plan nacional de Capacidades Dixitais e está financiado pola Unión Europea-Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e conta co Apoio do Ministerio de Asuntos Econ´`omicos e transformación dixital. É totalmente gratuíto para as empresas e traballadores que obteñan o bono dixital da EOI.


Outra das vías de colaboración abordadas foi o respaldo á Agrupación Europea de Interese Económico, MERCATUS, creada conxuntamente pola Cámara de Comercio de Tui e a Confederação Empresarial do Alto Minho (CEVAL), que se presentará o vindeiro venres 13 de outubro en Valença.


Acordouse tamén a colaboración conxunta entre o Concello do Porriño, o Entidade Urbanística de A Granxa e a Cámara de Tui para o impulso dunha Comunidade Enerxética, co obxectivo de promover unha actividade empresarial máis sostible e eficiente.


Dende a Cámara de Comercio de Tui felicitaron a “Alejandro Lorenzo pola próxima posta en funcionamento do Concello Emprendedor no Porriño, o que supón importantes vantaxes a todas as empresas que pertencen a este municipio” e animaron “ao resto de concellos pertencentes á demarcación a dar pasos na mesma dirección”.


Pola súa banda,  o alcalde reiterou a súa disposición “a colaborar estreitamente coa Cámara de Tui para impulsar a actividade empresarial no Porriño. Somos un concello cun enorme potencial industrial e debemos traballar da man do empresariado para impulsar os nosos polígonos e a súa actividade, algo que beneficia a toda a veciñanza do Porriño”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.