PROVINCIA
A Deputación publica as axudas aos 287 deportistas de elite da provincia
A liña esgota o seu orzamento de 250.000 euros que irán parar a 179 deportistas de alto nivel, 12 deles con discapacidade, e a outras 96 grandes promesas do deporte da provincia
A Deputación de Pontevedra acaba de publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as achegas aos 287 deportistas de elite da provincia que ascenden a 250.000 euros. As axudas, que este año chegan, tal e como asegurou o presidente provincial a “unha cifra récord, con 16 deportistas máis que o ano pasado e co número de beneficiarios máis elevado desde que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha esta liña de subvención”, teñen por obxectivo costear a participación de 179 deportistas de alto nivel, 12 deles con discapacidade, e de outras 96 grandes promesas do deporte, en competicións.
A Deputación de Pontevedra esgotou o crédito dispoñible desta liña, 250.000 euros, a razón de 3.000 euros como máximo en función dos resultados que obtiveran os deportistas o ano pasado a nivel desde galego ata internacional. Deste xeito, benefícianse destas axudas grandes nomes do deporte da provincia de Pontevedra como Teresa Portela, Desirée Vila, os irmáns Rodríguez Huertas (Iria, Roi e Uxía), Susana Rodríguez Gacio, Antía e Daniel Chamosa, Agustín Alejos, Antía Jácome ou Tono Campos.
A resolución completa dos deportistas de alto nivel e promesas que se benefician neste 2023 destas axudas acaba de publicarse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e materializa, unha vez máis e en palabras do presidente, que o deporte “é un eixo estratéxico” do goberno provincial e que “o noso apoio aos deportistas está máis que garantido, xa que non queremos que ningún teña que renunciar aos seus soños por falta de apoio. O esforzo enorme dos deportistas súmase ao esforzo económico da Deputación: teñen talento dabondo e nós imos estar ao seu carón”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163