Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 13:25:34 horas

Xornal21.es
Lunes, 16 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta dotará de iluminación o enlace de acceso da Autovía do Salnés ao Parque Empresarial de Nantes

O obxectivo é dotar de iluminación á totalidade do enlace da AG-41 ao parque empresarial, que ademais dá acceso a zona de vivendas de Pedroño

A Xunta de Galicia vai dotar de iluminación o enlace de acceso da Autovía do Salnés ao parque empresarial de Nantes, no concello de Sanxenxo.

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, asinaron de forma telemática un convenio de colaboración para impulsar a iluminación desta vía.

 

Dotarase de iluminación á totalidade do enlace da AG-41 ao parque empresarial, situado no punto quilométrico 17+200, que ademais dá acceso a zona de vivendas de Pedroño, no concello de Sanxenxo.

 

A Xunta asume a redacción do proxecto, a contratación e a execución das obras necesarias para a iluminación deste acceso da AG-41, que suporán un investimento autonómico de case 33.000 euros.

 

O Concello de Sanxenxo, pola súa banda, deberá incorporar as obras de mellora ao patrimonio público municipal, asumindo a súa xestión e mantemento, ademais de comprometerse a sufragar o consumo do sistema de iluminación instalado.

 

As obras obxecto do convenio
Na actualidade está iluminado o viario de acceso ao parque empresarial e parte do anel da glorieta da marxe dereita, pero non o resto do enlace nin o acceso ás vivendas.

 

En concreto, os traballos previstos neste convenio comprenden a instalación de 2 luminarias na glorieta oeste, unha entre o ramal de saída marxe dereita e o paso inferior, e a outra entre o paso inferior e o ramal de entrada marxe dereita. Ambas as luminarias colocaranse sobre columna de 9 metros de altura.

 

Ademais, na intervención inclúese a instalación doutras 4 luminarias no illote central da glorieta este, sobre unha única columna de 9 metros de altura.

 

Tamén se colocarán 2 proxectores tipo LED no muro do paso inferior que conecta ambas as dúas glorietas.

 

As intervencións completaranse coa instalación de 2 luminarias no viario de acceso ás vivendas, sobre columna de 5 metros de altura.

 

Esta colaboración co Concello de Sanxenxo enmárcase no obxectivo da Xunta de fomentar investimentos que melloren as condicións de explotación das infraestruturas e o seu uso, para acadar un desenvolvemento económico e social que achegue unha maior calidade de vida á cidadanía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.