GALICIA
A Comisión Europea pon a Galicia como exemplo do éxito do pacto das alcaldías para o clima e a enerxía
A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático participou nun relatorio no marco da Semana Europea das Rexións e Cidades
A Comisión Europea pon a Galicia como exemplo do éxito do Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía, tal e como se puxo de manifesto durante un dos eventos celebrados no marco da celebración da Semana Europea das Rexións e Cidades no que participou a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, xunto co ministro rexional de Puglia (Italia), Allessandro Delli Noci, e o viceministro de Flandes (Bélxica), Bart Somers.
Durante o relatorio O pacto dos alcaldes: xuntos por unha acción ambiciosa en materia de clima e enerxía, a directora xeral destacou o traballo desenvolvido polo Goberno galego desde que puxo en marcha, en 2018, a Oficina Técnica de Asistencia a Concellos pasando dos 22 concellos adheridos naquel momento aos 285 actuais.
Ademais, case o 93% deses concellos adheridos xa presentaron o correspondente Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), que é unha folla de ruta indispensable para mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovables, aumentar a resiliencia e reducir as emisións de CO2.
Sagrario Pérez salienta o traballo desenvolvido pola Xunta desde que puxo en marcha, en 2018, a Oficina Técnica de Asistencia a Concellos pasando de 22 concellos adheridos naquel momento aos 285 actuais
Sagrario Pérez tamén lembrou que a Xunta convocou o pasado mes de xuño unha liña de axudas, cun orzamento de preto de 800.000 euros, para apoiar aos concellos no cumprimento dos obxectivos asumidos nos seus respectivos PACES e, a maiores, está a ultimar a que será a primeira Lei do clima de Galicia, unha norma que considerará a cuestión climática como un valor prioritario en todas as políticas que se desenvolvan na Comunidade.
Nesa liña, a directora xeral, logo de insistir en que a Xunta seguirá promovendo a adhesión de todos os concellos de Galicia a esta iniciativa, subliñou a importancia de que as autoridades locais e rexionais desenvolvan mecanismos de gobernanza multinivel de cara a acadar os obxectivos climáticos marcados pola Comisión Europea para facer fronte ao quecemento global.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170