SOLIDARIOS
Galicia apoia acoller a 28 nenos e adolescentes non acompañados que chegaron a Canarias e a Ceuta
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta semana nesta reunión celebrada por videoconferencia
Galicia mostrou o seu apoio a acoller na comunidade autónoma a 28 dos 380 nenos e adolescentes non acompañados que chegaron ás costas de Canarias e Ceuta. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá na conferencia sectorial de Infancia na que, entre outros asuntos, se abordou este reparto entre as Comunidades Autónomas.
O director xeral apuntou que a Xunta volveu amosar a súa colaboración e axuda neste ámbito porque, lembrou, Galicia é unha Comunidade solidaria e comprensiva ante a situación de emerxencia que están a vivir outras zonas de España como Canarias, Ceuta e Melilla. De feito, o reparto contou cun amplo consenso e só recibiu unha abstención e ningún voto en contra.
Por ese motivo, sinalou, o Goberno galego amosou sempre a súa disposición a seguir axudando e a acoller o número de menores que foi asignado polo Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, tal e como se vén realizando noutras ocasións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163