O PORRIÑO
A Coral San Blas de Budiño organiza o seu XIX Concerto de Corais
Ademais da coral anfitriona participan a Coral GLI Amici Appassionati de Vigo e a agrupación de San Blas Abesbatza de Burlada
O Círculo Recreativo Cultural acollerá hoxe sábado o XIX Concerto de Corais organizado pola Coral Polifónica San Blas de Budiño en colaboración co Concello do Porriño e a Deputación de Pontevedra.
Ademais da coral anfitriona, no certame participarán a Coral GLI Amici Appassionati, de Vigo, e a agrupación de San Blas Abesbatza, de Burlada, Navarra.
A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.
Coral GLI Amici Appassionati
Este coro xurdiu despois de formar o coro de nenos I Bimbi Appassionati co lema de “Coro de pais e amigos de Appassionati”. Así comezou a súa andaina ata adquirir a calidade que hoxe mostran. As seus principais características son o seu esforzo e bo humor, sempre contaxiosos.
Realizaron o seu primeiro concerto o 30 novembro 2019, na Concatedral de Vigo, arroupados e apadriñados por Gli Appassionati. A partir de entón son moitas e moi variadas as actuacións realizadas. Contan mesmo con algunhas actuacións fóra de Galicia, en lugares como na cidade de Málaga ou Nerja.
San Blas Abesbatza
Nace en 1984 na parroquia do mesmo nome. Colabora nas actividades que levan a cabo tanto na parroquia como en Burlada. As súas actuacións esténdense por toda Euskal Herria, Cantabria, A Rioxa, Aragón etc.
Participou en importantes concertos, por exemplo a Semana Musical Hilarión Eslava de Burlada, no Advento Musical de Viena…etc.
Coral Polifónica San Blas de Budiño
Fundouse no 2004 por un grupo de amigos que sen ter coñecementos de música ou solfeo conseguiron formar unha coral cuxa especialidade naquel entón era cantar misas en latín, posteriormente tamén en galego.
Actuando en misas solemnes e outros actos relixiosos, en distintos lugares da provincia de Pontevedra. Participación en diversos encontros de corais organizados pola Deputación provincial en distintos lugares da provincia, sen esquecer outras actuacións na Coruña. E dentro do ámbito Nacional, asistiu a encontros de corais en Asturias en varias ocasións, en Biscaia e en Sevilla.
Participou no festival Coralba, “Espertar cantando”, en Collado Villalba, Madrid, no verán do presente ano. No mesmo verán, gran concerto realizado, coa colaboración do Concello do Porriño e como primeira experiencia conxuntamente, coa Banda de Música de Alcalá de Guadaira, Sevilla, en Salceda de Caselas e no Porriño, estreando obras de zarzuela e unha obra clásica como Nabucco.
O seu repertorio comprenden cancións de estilos diversos. Está composto por 47 membros e a súa directora e Marisa González Monroy.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49