Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Lunes, 16 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Concello de Nigrán e Deputación inician os traballos da senda peonil de Parada

“Suporá a humanización de todo o centro de Parada e unha mellora absoluta na seguridade viaria e na imaxe da zona”, explica o alcalde, Juan González, quen aposta por avanzar en posteriores fases cara A Carrasca e San Pedro e incide en que sigue defendendo a de Camos-Chandebrito

En marcha as obras para conquerir a ansiada senda peonil que vertebrará a parroquia de Parada a través da EP-2106. Adxudicadas a Construcciones E.C.Casas, iniciaron esta semana os traballos cun investimento total de 804,151 € dos que  o 30% o achega o Concello con fondos propios e o 70% a Deputación Provincial. Tras ampliar a vixencia do convenio ata o 30 de decembro de 2024 no pasado Pleno co voto favorable do goberno e o BNG e a abstención do PP, as obras teñen un prazo de execución de 8 meses.

 

“O que o PP calificaba como unha ‘tomadura de pelo’ e unha chapuza do goberno, suporá a humanización de todo o centro de Parada e unha mellora absoluta na seguridade viaria en la imaxe da zona”, explica o alcalde, Juan González, sobre este proxecto de 1 kilómetro que discorre desde o cruce da Areíña á contorna da igrexa e que comprende puntos sensibles como o cemiterio, o torreiro, a cancha multideportes ou a propia igrexa. “Esto é moito máis que habilitar unha senda peonil, suporá un cambio total na vida do barrio, pavimentando en pedra zonas máis urbanas, cambiando a iluminación e dotando a zona de novo mobiliario”, explica o rexedor, quen incide en que “ao tratarse dunha mellora tan grande e dunha demanda histórica todos os veciños expropiados o fixeron de mútuo acordo”.

 

En concreto, estes traballos de mellora na EP-2106 A Ramallosa-Parada facilitarán a mobilidade entre A Areíña e a zona central de Parada (cemiterio) coa citada senda peonil, e tamén cunha zona de convivencia con lousas de pedra na contorna da igrexa (espazo que foi humanizado no ano 2018 coa colaboración da Deputación). A senda peonil prevista terá 2,50 metros de ancho e na zona central de Parada a plataforma de convivencia estenderase ao longo de 200 metros, cun pavimento de lousas de pedra. Nela colocarase mobiliario urbano e cambiarase a situación da marquesiña de autobús. Os traballos tamén comprenden o reforzo do firme da calzada nun viario municipal que fai entronque coa estrada provincial así como a recollida das augas pluviais e a mellora de servizos, como o soterramento das liñas de electricidade e telecomunicacións e o cambio de alumeado. Do mesmo xeito, reinstalarase a sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito.

 

“Será un cambio a favor das persoas, transformando a contorna nun espazo amable onde poder pasear con seguridade”, insiste o rexedor, quen aposta por avanzar en posteriores fases cara A Carrasca e San Pedro. Igualmente, destaca que seguirá defendendo que a Deputación acometa o proxecto da senda San Roque (Camos)-Pracíns (Chandebrito), sendo moito máis complexa “por abarcar 4’3 km”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.