Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 14:02:58 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 16 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Luis López presenta aos 61 alcaldes da provincia unha política "baseada na colaboración"

O presidente da Deputación cumpre o seu compromiso de reunir aos dirixentes municipais para presentarlle en primicia as liñas mestras que rexerán a acción de goberno do próximo ano

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentará este luns no salón de plenos do Pazo Provincial aos 61 alcaldes e alcaldesas da provincia as liñas políticas que centrarán o seu mandato e que estarán baseadas na colaboración, a transformación e o municipalismo.

 

O mandatario provincial dá cumprimento ao seu compromiso de dar a coñecer en primeiro lugar aos dirixentes municipais os criterios que rexerán a acción de goberno da Deputación durante o próximo ano.

 

Ao encontro, que comezará ás 11 horas deste luns, están invitados os alcaldes e alcaldesas dos 61 concellos da provincia de Pontevedra. Un acto no que Luis López lles presentará o seu plan de goberno que, como leva dicindo desde o comezo do seu mandato, terá aos concellos como os grandes protagonistas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.