Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 17 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O concello e Tesgalicia forman á cidadanía en reanimación cardiopulmonar (RCP)

Baixo o lema “As túas mans salvan vidas” participan escolares e veciños e veciñas de todas as idades nunha actividade pioneira, que conmemora o Día Mundial de Concienciación do Paro Cardíaco

Por vez primeira, e con motivo do Día Mundial de Concienciación do Paro Cardíaco, o Concello de Ponteareas e a Asociación Profesional de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia (TesGalicia) organizan unha intensa xornada de actividades, orientada á cidadanía, na que se quere ensinar dun xeito práctico a técnica de Reanimación Cardiopulmonar (RCP).

 

O Auditorio e a praza do Doutor Fernández Vega son os escenarios que acollen esta actividade, que comezou ás 10 da mañá e que se prolongará durante toda a xornada (ata as 19:00 horas). Os veciños e veciñas que queiran recibir a formación dos especialistas de TesGalicia poderán achegarse ás carpas instaladas na Praza Maior. A actividade é gratuíta, non precisa de ningunha formación previa e está dirixida a todas as idades.

 

Esta formación leva por título “As túas mans salvan vidas” e para levar á práctica as nocións básicas necesarias para realizar o proceso de reanimación de maneira correcta empréganse unha ducia de bonecos de formación. Ademais da RCP, nas leccións tamén ensinarán a conduta PAS (Protexer, Avisar e Socorrer, en accidentes de tráfico), como atender atragoamentos, usar un desfibrilador e poñer en posición lateral de seguridade a unha persoa inconsciente que respira. Manobras, todas elas, que poden salvar vidas.

 

A xornada foi inaugurada pola alcaldesa Nava Castro, quen incidiu “na importancia que ten contar coa formación necesaria para posibles situacións de emerxencia. Queremos que todo o mundo conte coas nocións necesarias para poder salvar vidas”, e animou á veciñanza a dedicar uns minutos no día de hoxe para achegarse ás carpas e participar desta actividade.

 

Xunto á alcaldesa estivo Javier Puente, xerente da Área Sanitaria de Vigo e membros da corporación municipal. Raquel Plana, concelleira de Benestar Social, Igualdade, Saúde e Consumo do Concello de Ponteareas, médico de familia e xefa de servizo do Centro de Saúde, engadiu que “só se a persoa que presencia unha parada cardíaca inicia as manobras nos primeiros minutos teremos a oportunidade de mantela con vida ata a chegada dos sanitarios”.

 

Puente reuniuse co concelleiro de Educación, Ricardo González, para promover este tipo de actividades nos centros educativos de Ponteareas. O primeiro colexio participante, na inauguración, foi o Santiago Apostol. A intención do goberno local é levala tamén ás diferentes casas da cultura nas parroquias ao longo do presente mandato.


Un imprevisto crítico para o que hai que ter preparación
O Consello Español de Resucitación Cardiopulmonar calcula que en España prodúcense cada ano preto de 50.000 paradas cardíacas, das que 30.000 rexístranse fóra dos hospitais. De aí a importancia de que a poboación en xeral conte cuns coñecementos mínimos que permitan manter as constantes ata que chegue a axuda profesional.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.