Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 23:16:17 horas

Xornal21.es
Miércoles, 18 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui arranca o curso 23-24 co seu proxecto ” Diver-xente”

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui leva un par de cursos apostando polo desenvolvemento sostible para dar resposta a Axenda 2030 e os ODS, co proxecto “Naturaliza-T” e dando continuidade ao compromiso adquirido co Proxecto  Erasmus+ “Promovendo un estilo de vida sa saudable e feliz”  onde abordou tres grandes bloques de contidos, que nos gustaría que asenten as  bases fundamentes dunha vida plena para o noso alumnado:

  • Vida sá: Alimentación sa e saudable.
  • Vida saudable: unha vida activa e deportiva.
  • Vida Feliz: unha mente sa e feliz coa xestión adecuada das emocións para unha boa saúde mental.

 

Este curso 23-24 mergullámonos, aínda máis, na necesidade de coñecer e afondar en cada un deses “Obxectivos de Desenvolvemento Sostible” co proxecto “Diver-Xente”, con varias liñas de actuación que se están promovendo dende o centro coa axuda de toda a comunidade educativa e outros centros do entorno.


O noso proxecto ten varias liñas de actuación como se pode comprobar no cadro anterior: Naturaliza-T, Emociona-T, Activa-T, Inclúe-T, Dixitaliza-T e Comunica-T todas elas traballando para coñecer e desenvolver a Axenda 2030. Entre os eventos a destacar neste comezo de curso están:
 

Benvida ao curso 23-24 no Nº2 :

Onde o alumnado confeccionou a súa cápsula do tempo para gardar os pensamentos, ideas e ilusión do comezo de proxecto  para rescatar ao final de curso. Que sucederá?

 

Presentación do Proxecto “ Diver-xente” ODS axenda 2030:

Cada curso atópase na preparación dun vídeo no que explicará ao resto do alumnado un  ODS. Esta producción proxectarase a todo o alumnado onde todas e todos descubrirán os 17 ODS explicados polos seus compañeir@s.


Xornada de Xogos Populares, Inauguración da Milla escolar, Baixada de Carrilanas:
O martes, día 10 de outubro ás 10:00h, tivo lugar unha xornada de Xogos Populares para ao alumnado de Educación Infantil, dentro da proposta Activa-T, dando resposta aos ODS 3,4,5,10.  Ás 12:30h levouse adiante a inauguración da nosa “milla escolar” coa que percorreremos distancias todo o curso para cumprir cada un dos ODS. O mércores 11 de outubro tivo lugar ás 10:00h a Xornada de Xogos Populares para o alumnado de Educación Primaria e ás 12:00h, a nosa tradicional baixada de Carrilanas (Carros de bolas elaborados en familia con materiais de reciclaxe) e ás 12:30h terá lugar o magosto, aberto a toda comunidade educativa do noso centro.


Iremos dando conta das vindeiras actividades que se levarán a cabo ao longo do mes de outubro, coas que nos agardan grandes sorpresas: Inauguración da biblioteca, Samaín, formación para mestres, familias e alumnado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.