Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 19 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño formará parte da Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital

A subvención de 24.500 euros procedente do Ministerio de Educación e Formación Profesional posibilitará a posta en marcha do centro

A Subdirección Xeral de Planificación e Xestión da Formación Profesional acaba de informar da resolución de concesión de axudas para a creación dunha rede estatal de Centros de Capacitación Dixital da que Salvaterra de Miño formará parte.

 

Para a súa posta en marcha o Concello de Salvaterra de Miño recibirá 24.500 euros cos que se pretende achegar a cidadanía formación en competencias dixitais transversais, ofrecendo posibilidades de formación con independencia do lugar de residencia ou formación previa da mesma e facilitando, polo tanto, un acceso á formación compatible coas obrigas da cidadanía derivadas de distintas condicións persoais, laborais ou sociais.

 

Unha vez creado o centro impartirase formación que consistirá en cursos de dixitalización aplicada, enfocados en competencias dixitais básicas, contemplándose a asistencia presencial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.